Sing Star

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xogo leva incorporados dous micrófonos USB.

O SingStar é un videoxogo para as consolas PlayStation 2 e PlayStation 3 que simula un karaoke que emprega a entoación da voz para calcular as puntuacións.

Durante as cancións, na pantalla sae de fondo o videoclip da canción e no medio unha barras horizontais que representan o ton no que se ha de cantar a canción, e que serve para guiar aos concursantes. Segundo o nivel de dificultade, as barras son máis ou menos estreitas para esixir un nivel máis alto de afinación. A letra aparece na zona inferior da pantalla.

A compatibilidade coa cámara Eye Toy fai que sexa posíbel, en troques de ver o videoclip da canción, verse a un mesmo mentres canta. Hai diversas categorías en base ás puntuacións obtidas. A máis baixa é "Sen oído" mentres que a máis alta é "Singstar". As puntuacións van de 0 a 10.000.

Na actualidade existen 6 xogos sing star diferentes. O último é o "SingStar Latino.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.