Sindicato de Mecánicos y Afines del Transporte Automotor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sindicato de Mecánicos y Afines del Transporte Automotor (SMATA) é o sindicato que agrupa aos traballadores da industria do automóbil na República Arxentina. O SMATA foi tradicionalmente un dos sindicatos importantes do sindicalismo arxentino, tamén chamados localmente "gordos". Ás súas filas pertenceron Adolfo García, Luís Bazzano, Dirk Kloosterman e José Rodríguez, que desempeñaron o cargo de secretario xeral. En 2006 o seu secretario xeral é José Rodríguez.

Foi fundado o 1 de xuño de 1945 co nome de Sindicato de Mecánicos y Afines (SMAA), dentro da Confederación General del Trabajo (CGT), agrupando basicamente aos traballadores que desempeñaban a súa actividade nos talleres mecánicos de reparación de automóbiles e por afinidade aos traballadores relacionados coa actividade automotriz. En 1948 tomou o seu nome definitivo.

O sindicato está afiliado á Federación Internacional de Traballadores da Industria Metalúrxica (FITIM).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]