Simon e Simon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Simon e Simon
Formato Acción, Drama
Creado por Philip DeGuere
Intérpretes Gerald McRaney
Jameson Parker
Mary Carver
Eddie Barth
Jeannie Wilson
Tim Reid
Joan McMurtrey
País de orixe Estados Unidos de América Estados Unidos
Número de episodios 156
Produción
Duración 60 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixe CBS
Tempo de emisión 24 de novembro de 198131 de decembro de 1988

Simon e Simon (Simon & Simon) era o nome dunha serie de detectives norteamericana protagonizada por Gerald McRaney e Jameson Parker. No 1978 fíxose o episodio piloto en Florida baixo o título de Pirate's Key, pero inmediatamente a CBS levaría a rodaxe a San Diego, California onde permanecería durante os sete anos que estivo no aire na CBS.

Argumento[editar | editar a fonte]

A serie xira arredor de dous irmáns completamente opostos: Rick (McRaney) e A.J. (por "Andrew Jackson") Simon (Parker). Rick era un veterano da guerra de Vietnam, polo que tiña moita máis rodaxe nas rúas ca seu irmán, A.J., que foi á escola de dereito e tiña unha aparencia máis intelectual. Rick prefería cousas que eran vistas por seu irmán como de baixo nivel, como a súa vella camioneta, mentres A.J. coidaba o seu diñeiro para a súa maior paixón, un Chevrolet Bel Air convertible do 1957, e máis tarde un Chevrolet Camaro Z28). Rick vivía nun barco. A.J. prefería intentar facer primeiro as cousas segundo as normas, mentres Rick era máis de espírito libre, facendo a xustiza pola súa conta. Así a todo, os dous comezaron unha aventura xuntos montando unha axencia de detectives.

A piques estivo de ser suspendida a rodaxe en 1982, xa que tiñan en mente a nova serie Magnum, pero os éxitos de audiencia fixeron posible a convivencia das dúas emisións durante anos, e mesmo cruzaron as series nun episodio de cada unha.

Reparto[editar | editar a fonte]

Emisións[editar | editar a fonte]

Simon & Simon: In Trouble Again (1995)[editar | editar a fonte]

Esta secuela estreouse o 23 de febreiro de 1995. Pasan algúns anos e A.J., agora casado, traballa en Seattle como avogado. Rick visítao facendo un alto na súa ruta cara á entrega dun luxoso iate. O problema vén cando o iate é secuestrado, con mamá Cecilia a bordo.

DVD[editar | editar a fonte]

A primeira tempada existe en formato DVD desde octubre do 2006.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]