Silvia Saint

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silvia Saint
Data de nacemento:22 de febreiro de 1976
Lugar de nacemento:Kyjov
República Checa
Nome real:Sylvie Tomčalová
Alias:Sylvia Saint, Silvie, Szilvia
Número de películas:262 aprox.
Sitio web oficial
Silvia Saint en IMDb
Silvia Saint en IAFD
Silvia Saint en AFDB
Silvia Saint en Myspace

Silvia Saint, tamén chamada Sylvia Saint, de verdadeiro nome Sylvie Tomčalová, nada o 12 de febreiro de 1976 en Kyjov, é unha actriz porno checa. Actualmente é unha das actrices mellor pagadas da industria pornográfica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De orixe humilde, comezou a súa carreira como modelo de roupa interior feminina. Trala súa graduación, estudou dirección durante dous anos nun instituto en Brno. Máis tarde conseguiu emprego como encargada de hotel en Zlin, ao que lle seguiron outros traballos como contable e coordinadora de mercadotecnia. Como economicamente non ía a ningunha parte, decidiu que unha carreira como modelo sería máis proveitosa que os seus empregos anteriores. Rapidamente pasou de modelo de roupa interior a mostrarse espida en revistas. O seu noivo animouna a presentarse a un cásting para unha película porno estadounidense, e pronto se atopou facendo Le Nover: Search for the Perfect Breasts de Frank Thring. Logo dalgunhas aparicións en "High Society", "Swank", "Cheri" e " Club International", a Silvia acompáñaa a fortuna desde 1996, ano no que se converte nunha Penthouse Pets (mascota) de Penthouse checa. Dous anos máis tarde era tamén a mascota Penthouse Estados Unidos.

Silvia encumiouse á fama polas súas controvertidas actuacións nos sets porno, a tal punto que chegou a ser considerada unha completa revelación, recordada polas súas exhibicións acrobáticas que incluían dobres penetracións, sexo oral, anal e lesbianismo entre outras, así como o seu gusto por homes negros.

O seu traballo para a compañía Private Media Group fíxoa famosa no festival de cine de Cannes, o Hot D'Or.

No 2005 anunciouse o seu tan esperado regreso coa película "Private Chateau"; cabe sinalar que esta non é a súa primeira aparición nun vídeo logo do seu retiro, xa antes aparecera no filme lésbico do director Viv Thomas "Searching For Silvia" e nos vídeos da súa páxina web.

Tamén fixo algunhas aparicións promovendo festivais e exposicións como a "Sex and Entertainment Expo en México" así como "The annual SEXPO" en Australia.

No 2006 pódeselle ver en varios filmes da empresa Private como son "The Lady Of The Rings" 1, 2 e 3.

É considerada por moitos a última grande estrela da industria pornográfica, e tal feito se debe principalmente a enorme cantidade de películas sendo producidos anualmente en Europa e Estados Unidos, ademais do aumento de actores e actrices pornográficos no mundo enteiro, o que inviabiliza que xurdan novas estrelas tan notorias como Silvia Saint.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]