Signo de admiración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O signo de admiración (!) é un signo de puntuación que se utiliza para expresar admiración, sorpresa, cólera ou énfase e ponse no final dunha palabra e que xeralmente marca o fin dunha frase. O símbolo crese que ten a súa orixe na palabra latina io, unha exclamación de goce, e que se formou como un dígrafo das letras I e O. Emprégase na maioría das linguas que utilizan o alfabeto latino e tamén en árabe, coreano, xaponés e chinés. Nalgunhas linguas como o castelán colócase un signo de admiración invertido (¡) ó comezo da frase.

Índice

O signo de admiración en lingua galega [editar]

En galego nos textos do século XIX e XX tendíase a calcar os usos do castelán e utilizábase xeralmente como é norma nesa lingua. Na primeira normativa da lingua galega (1983) estableceuse que o signo de admiración debíase situar ó comezo e ó final do texto que se vía afectado. Na reforma feita no 2003 estableceuse que só era obrigatorio marcalo no final da oración, aínda que se admite que se pode poñer no inicio do texto afectado para facilita-la lectura e evitar ambigüidades.

Usos extralingüísticos [editar]

Na sinalización viaria, a exclamación significa perigo.

Matemáticas [editar]

Emprégase o signo de exclamación canda unha variable para representar o factorial, que se representaría n!, definíndose como a multiplicación dos números naturais antecesores de n distintos de cero. números consecutivos. O factorial de cero (0!) é 1.

Xadrez [editar]

No xadrez, nas anotacións das partidas, un movemento apuntado poder ter un ou dous signos de admiración. Se se anota un signo de exclamación (!) lese que é unha boa xogada, e se apareceran dous (!!), implicaría unha xogada excelente.

Cómic [editar]

Nas historietas, o signo de exclamación indica sorpresa ante calquera situación sospeitosa ou que abra un misterio. Ademais, úsase para resaltar as sentencias que soltan os personaxes e darlle máis forza á lectura que realice un lector.

Sinal de tráfico [editar]

A admiración circunscrita por un triángulo vermello indícalle aos condutores de automóbiles nas estradas a proximidade dun perigo de causa incerta.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]