Shotokan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Shotokan (kanji: 松涛, hiragana: しょうとうかん, romaji: Shōtō kan), tamén Shōtōkan-ryū (松濤館流), é un dos estilos de Karate que xurdiu como evolución do estilo tradicional Shorin-ryu e como resultado dos esforzos do mestre Gichin Funakoshi e polo seu fillo, Yoshitaka Funakoshi, que que adicionou técnicas mais próximas do estilo Naha-te, como bases baixas e movimentos circulares, coa finalidade de valorizar máis os apectos deportivo e físico e como forma de promover o desenvolvemento persoal.[1]

O estilo caracterízase por posturas fortes e golpes no corpo enteiro, con xiros co calcaño en posición baixa que dan fluidez ao desprazamento. É un estilo en que as posicións teñen o centro de gravidade moi baixo e e no cal algunhas técnicas que parecen simples á primeira vista, como unha puñada, son moi difíciles de se dominar, porén cando a técnica é dominada o seu poder é incríbel. Concentración e estado de espírito tamén son moi importantes, porque sen eles a técnica será baleira e de pouco servirá.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]