Short SC.7 Skyvan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Short SC.7 Skyvan
Short skyvan sc-7 g-beol cotswoldairshow 2010 arp.jpg
SC.7 Skyvan de Invicta Aviation
Tipo pasaxeiros
Fabricante Short Brothers and Harland Ltd
Primeiro voo 17 de xaneiro de 1963
Produción 1963 - 1986
Construídos 153
Variantes Short 330, Short 360

O Short SC.7 Skyvan é un avión turbohélice con capacidade para 19 pasaxeiros fabricado pola compañía Short Brothers de Belfast. Úsase principalmente para o transporte en curtas distancias e para o paracaidismo.

O Skyvan é un monoplano totalmente metálico, con á alta, dous motores e dous estabilizadores verticais. O seu primeiro voo foi o 17 de xaneiro de 1963. As súas tripulacións e pilotos chámano agarimosamente "the shed" (o alpendre).

Os Short 330 e Short 360 son modelos alongados derivados do SC.7 orixinal, deseñados como avións de pasaxeiros rexionais.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En 1958 a compañía F.G. Miles Ltd (succesora de Miles Aircraft) abordou a Shot buscando apoio para producir un desenvolvemento do deseño do H.D.M.106 Caravan cunha á Hurel Dubois de gran alongamento. Short adquiríu o deseño e os datos recollidos durante as probas do Miles Aerovan baseado no prototipo do H.D.M.105. Tras avaliar a proposta de Miles, Shorts rexeitou o Caravan, e desenvolveu o seu propio proxecto para un avión utilitario totalmente metálico que foi bautizado como Short SC.7 Skyvan. Foi popular entre operadores de carga en comparación con outros pequenos modelos debido á súa gran porta traseira para o embarque de mercadorías. A súa fuselaxe lemgra ao formato dun vagón de tren pola súa sinxeleza e eficiencia.

A súa fabricación iniciouse en Queens Island, Belfast, en 1960, e o seu prototipo voou por vez primeira o 17 de xaneiro de 1963, impulsado por dous motores de pistóns Continental. Este foi remotorizado cos pretendidos turbohélices Turbomeca Astazou máis tarde ese mesmo ano. A produción pasou en 1968 ao Skyvan Series 3, que substituía o motor Astazous por Garrett AiResearch TPE331. Fabricáronse un total de 153 Skyvans ata que rematou a súa construción no ano 1986.

Historial operacional[editar | editar a fonte]

Os Skyvans serviron amplamente tanto en operacións militares coo civís, estando en servizo no ano 2009 con varios operadores civís e en servizo militar coa Güiana e Omán.

En 1982 dous Skyvans da Prefectura Naval Arxentina participaron na guerra das Malvinas. Ámbolosdous foron transportados a Port Stanley en abril dese ano. Un dos avións foi danado por fogo naval británico sobre o aeródromo de Stanley e non volveu a voar; finalmente foi destruído pola artillería durante os bombardeos británicos do 12 e 13 de xuño. O segundo avión usouse na illa Borbón onde esbarrou no chan brando e foi destruído polo lume británico o 15 de maio.

Os Skyvans son ás veces usados para fotografía aérea e para operacións de paracaidismo. Questor Surveys de Toronto converteu un Skyvan 3 en 1970 para labores de recoñecemento.

Produción[editar | editar a fonte]

Demostrador militar da compañía en 1982

Todos os Skyvan foron fabricados en Belfast e houbo as seguintes variantes:

  • Skyvan 1': prototipo. Fabricouse un exemplar con motores Continental GTSIO-520.
  • Skyvan 1A: prototipo remotorizad con Turboméca Astazou de 388 kW.
  • Skyvan 2: modelos de producuón cos motores Astazou.
  • Skyvan 3: exemplares de produción con motores Garrett TPE331. Fabricáronse 145.
  • Skyvan 3A: versión con máis peso do Skyvan 3.
  • Skyvan 3M: versión de transporte militar.
  • Skyvan 3M-200: versión con máis peso do Skyvan.
  • Skyliner: versión de luxo só de pasaxeiros.