Shingeki no Kyojin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Shingeki no Kyojin
進撃の巨人
(Shingeki no Kyojin)
Manga Shingeki no Kyojin
Creado por Hajime Isayama
Editor Kodansha
Publicado en Bessatsu Shōnen Magazine
Primeira edición 9 de setembro de 2009
Última edición
Núm. de volumes 12
Manga Attack on Titan: Before the Fall
Creado por Ryō Suzukaze
Editor Kodansha
Publicado en
Primeira edición 2 de decembro de 2011
Última edición
Núm. de volumes 3
Manga Attack on Titan: Junior High
Creado por Hajime Isayama, Saki Nakagawa
Editor Kodansha
Publicado en Bessatsu Shōnen Magazine
Primeira edición 9 de abril de 2012
Última edición
Núm. de volumes 3
Anime Shingeki no Kyojin
Dirixido por Tetsurō Araki
Estudio Wit Studio
Production I.G
Canle televisiva MBS, Tokyo MX, FBS, TOS, HTB, TVA, BS11
Primeira emisión 6 de abril de 2013
Última emisión 28 de setembro de 2013
Núm. de capítulos 25 + 2 OVAs

Shingeki no Kyojin (進撃の巨人 lit. "Os xigantes avanzan/atacan"?) é un manga xaponés escrito e ilustrado por Hajime Isayama. O manga comezou a súa serialización na revista Bessatsu Shōnen Magazine de Kodansha o 9 de setembro de 2009, e foi recollido en 12 volumes o 9 de decembro de 2013. A historia está ambientada nun mundo no que a humanidade vive en cidades protexidas por enormes muros que os protexen dos titáns, criaturas humanoides de dimensións xigantescas que devoran ós humanos sen unha razón aparente. A historia céntrase en Eren Yeager, a súa irmá adoptiva Mikasa Ackerman e o seu amigo Armin Arlert, cuxas vidas mudan radicalmente coa aparición dun titán colosal que provoca a destrución do seu fogar e a morte da nai de Eren. Xurando vingarse e desexando recuperar o seu mundo, Eren, Mikasa e Armin únense a un grupo de soldados de elite que loitan contra ós titáns fóra dos muros.

Xerou unha novela spinn-off que comezou en decembro de 2011, e que recibiu unha adaptación ó manga. Outros dous spin-offs están sendo serializados, e posúe a súa propia adaptación ó anime, producida por Wit Studio e Production I.G. O anime foi estreado en Xapón en MBS entre abril e setembro de 2013. Tamén ten catro adaptacións de videoxogos desenvolvidos por Nitroplus. Está previsto que a adaptación ó cine vexa a luz no 2015.[1]

Shingeki no Kyojin converteuse nun éxito comercial, con 40 millóns de volumes impresos vendidos en xullo de 2014.[2] A estrea do anime incrementou con moito a popularidade do manga, recibindo boas críticas pola súa atmosfera e historia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]