Shiatsu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

O shiatsu (en xaponés 指圧; - acupresión) é unha técnica terapéutica de masaxe orixinada en Xapón, onde está regulada polo ministerio de sanidade como terapia médica.

O Shiatsu segue principios similares aos da masaxe oriental, que se basea nos fundamentos da anatomía e fisioloxía. Polgares, palmas das mans e dedos (non se empregan os xeonllos nin os cóbados na forma orixinal) empréganse para aplicar presión a partes do corpo que dependen destas. O Shiatsu depende dun coñecemento profundo do funcionamento do corpo, de acordo cos principios de anatomía e fisioloxía e non cos principios de como flúe a enerxía da Medicina Tradicional Chinesa. Existen variantes do Shiatsu orixinal que si se basean na Medicina Tradicional Chinesa, pero todas elas foron desenvoltas por terapeutas de Shiatsu adestrados no Instituto de Shiatsu de Xapón ou descendentes de Namikoshi Sensei.

A forma tradicional do Shiatsu foi iniciada en Xapón por Tokujiro Namikoshi. Tódolos terapeutas cualificados de Xapón deben seguir un programa gobernamental regulado que cubre só a forma orixinal do Shiatsu.

Namikoshi Sensei non se fundamenta na Medicina Tradicional Chinesa e basea o desenvolvemento da súa terapia na técnica de proba e erro. A esencia do Shiatsu de Namikoshi é a combinación de diagnóstico e terapia. Esta técnica gañou adeptos a finais dos anos 50.

Shiatsu
Este artigo é parte das pólas da serie CAM.
CAM Clasificacións
NCCAM: Compoñente de Medicina tradicional chinesa que emprega unha forma de manipulación do corpo
Modalidade: Profesionalizada
Cultura: Leste Xaponesa


Cronoloxía[editar | editar a fonte]

  • 1912 Namikoshi Sensei comeza a empregar esta técnica coa súa nai enferma.
  • 1919 Namikoshi Sensei crea o termo Shiatsu e decide empregalo para nomear a súa terapia.
  • 1925 Namakoshi Sensei abre a primeira clínica de terapia Shiatsu. Nace Shizuto Masunaga Sensei.
  • 1940 Namakoshi Sensei abre o primeiro instituto de Shiatsu.
  • 1953 Namakoshi Sensei e os seus fillos introducen a terapia do Shiatsu nos Estados Unidos.
  • 1955 A terapia do Shiatsu e recoñecida por primeira vez polo goberno xaponés, pero só xunto con amma e moxibustion.
  • 1957 A terapia de Shiatsu é oficialmente recoñecida no Xapón coma unha terapia propia.
  • 1958 Shizuto Masunaga gradúase no Instituto de Shiatsu de Xapón, e comeza a ensinar esta técnica tamén no Instituto.
  • 1964 O Shiatsu é oficialmente recoñecido polo Ministerio de Sanidade de Xapón.

O Ki[editar | editar a fonte]

O Ki flúe a través do corpo nunha serie de canles. Por moitas razóns diferentes o Qui pode deixar de fluír libremente e isto produce un síntoma. A técnica shiatsu inclúe estirar (stretching), apancar (leverage) e inclinar (leaning) o teu peso en varias partes do corpo para fomentar (encourage) unha maior harmonía de circulación, flexibilidade e integridade postural. Moitas das técnicas aplícanse sobre o mesmo sistema de canles de enerxía ou meridianos que se empregan en acupuntura, a pesar de que en Shiatsu cada canle cobre unha maior área do corpo.

Os seguintes puntos constitúen os principios fundamentais da terapia do Shiatsu:

  1. Empregar as mans espidas (non ferramentas, cóbados, xeonllos ou pés)
  2. Premer sobre a superficie do corpo (non frotar, acariciar ou empuxar)
  3. Perseguir o mantemento e mellora da saúde ou a recuperación dunha enfermidade.

De acordo cos seus promotores, e a falta de probas científicas, o Shiatsu pode axudar a tratar os seguintes síntomas:

  • dor de costas
  • migraña
  • lesións whiplash e rixidez do pescozo
  • mobilidade reducida
  • dor menstrual
  • problemas dixestivos
  • síntomas de asma
  • lesións deportivas
  • depresión clínica

Variedades do Shiatsu[editar | editar a fonte]

As variedades principais do Shiatsu son o shiatsu orixinal, e o shiatsu zen (ioh-kai). Porén, hai outras. Algúns dos mestres que crearon variedades derivadas estudaron con Tokujiro Namikoshi, e outros non.

Orixinal[editar | editar a fonte]

  • Shiatsu Namikoshi (Tokujiro Namikoshi)

Variedades de mestres que estudaron con Tokujiro Namikoshi[editar | editar a fonte]

  • Shiatsu Zen/Shiatsu Ioh-kai (Shizuto Masunaga)
  • Shiatsu Keiraku (Tadashi Izawa)
  • Shiatsu Tao (Ryukyu Endo)
  • Shiatsu AZE (Shigeru Onoda)
  • Shiatsu Tsubo (Hiroshi Ishizuka)
  • Zen Shiatsu (Eiji Mino)

Outras variedades[editar | editar a fonte]

  • Barefoot Shiatsu (Shizuku Yamamoto)
  • Ohashiatsu® (Wataru Ohashi)
  • Shiatsu Macrobiótico (Michio Kushi)
  • Zen Shiatsu (Eiji Mino)
  • Shiatsunuad (Valerie Gaillard?), que é unha combinación de shiatsu con masaxe tailandesa nuad bo-rarn.
  • Shiatsu Yasuragi (arturo Valenzuela Serrano)
  • Estilos que se practican na auga:
    • Jahara (Mario Jahara)
    • Watsu (Harold Dull)

Nestas dúas modalidades máis que exercer presión sobre o que recibe o Shiatsu, sostense.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]