Shawn Ashmore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shawn Ashmore
Shawn Ashmore by Gage Skidmore.jpg
Shawn Ashmore no 2013.
Nacemento Shawn Robert Ashmore
7 de outubro de 1979 (34 anos)
Richmond, Columbia Británica, Flag of Canada.svg Canadá
Profesión Actor (1991-presente)
Ficha na IMDb

Shawn Robert Ashmore, nado o 7 de outubro de 1979 en Richmond, Columbia Británica, é un actor de cine e televisión canadense recoñecido internacionalmente polas súas actuacións como "Jake" na serie de televisión Animorphs e como o "Home de xeo" nos filmes de X-Men. É o irmán xemelgo do actor Aaron Ashmore, co quen ten compartido papeis nalgúns filmes.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira interpretando Bobby Drake- Home de Xeo, no filme X-Men (2000), pero nesa primeira parte da triloxía só tivo un papel curto. En 2003 volveu a facer o mesmo papel cunha participación maior, sendo mozo de Pícara (papel interpretado por Anna Paquin), e amigo de Pyro, (personaxe de Aaron Stanford).

En 2005 actuou en The Quiet e en Undercassman. No 2006 volveu á pel de Bobby Drake no filme X-Men: The Last Stand, tendo que se enfrontar a problemas sentimentais con Pícara e Kitty Pryde (Ellen Page).

Tamén participou no episodio 12 da primeira tempada da serie Smallville, onde fixo de Eric, un rapaz que consegue os poderes de Clark Kent (interpretado por Tom Welling), grazas a un raio que cae nos dous.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1991 Married to It Estudante
1993 Gross Misconduct Brian "Spinner" Spencer (novo) TV film
1994 Guitarman Waylon Tibbins
1995 Long Island Fever Donny
1997 Promise the Moon Leviatus Bennett
Any Mother's Son Billy
Melanie Darrow David Abbott
1998 Animorphs Jake Berenson
The Hairy Bird Fotógrafo
1999 At the Mercy of a Stranger Danny TV film
Dear America: The Winter of Red Snow Ben Valentine
2000 X-Men Bobby Drake / Home de xeo
2001 The Big House Trevor Brewster TV filme
Blackout Primoxénito
Wolf Girl Beau
2002 Past Present rapaz da facultade
Cadet Kelly Brad Disney Channel Original Movie
2003 X2 Bobby Drake / Home de xeo
2004 Legend of Earthsea Ged TV filme
2005 Underclassman Rob Donovan
3 Needles Denys
Terry Terry Fox TV filme
The Quiet Connor Kennedy
2006 X-Men: The Last Stand Bobby Drake / Home de xeo
2008 Solstice Christian
The Ruins Eric
2009 Diverted Mike Stiven TV filme
2010 Frozen Joe Lynch
Hatchet II Pescador Flashback cameo
Mother's Day George Barnum
The Story of Bonnie and Clyde Ralph Fults

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Filme Papel Notas
1989 Katts and Dog
1992 The Ray Bradbury Theater Charlie
1997 Flash Forward Gord
Fast Track young Chandler
1999 The City
Real Kids, Real Adventures Aaron Hall
2000 Earth: Final Conflict Max
1998–2000 Animorphs Jake Berenson
2000 The Famous Jett Jackson Chet
In a Heartbeat Tyler Connell
2001 The Outer Limits Morris Shottwell
Smallville Eric Summers
2009 The Super Hero Squad Show Home de xeo
2010 Bloodletting & Miraculous Cures Fitz Mini-series
Produtor executivo
Fringe Joshua Rose
2013 The Following Axente Mike Weston Reparto principal

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Ano Xogo Papel Notas
2006 X-Men: The Official Game Home de xeo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]