Shavlik Randolph

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shavlik Randolph
Beijing Fly Dragons  – No. 42
Información persoal
Nacemento 24 de novembro de 1983 (40 anos)
Raleigh, Estados Unidos
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Ala-pivote
Información da carreira
Instituto Broughton (Carolina do Norte)
Universidade Duke (2002–2005)
Carreira 2005−presente
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2005–2008)
Portland Trail Blazers (2008–2009)
Miami Heat (2009)
Portland Trail Blazers (2009–2010)
Miami Heat (2010)
Gallitos de Isabela (2010–2011)
Dongguan Leopards (2011–2012)
Piratas de Quebradillas (2012)
Foshan Long Lions (2012–2013)
Boston Celtics (2013)
Foshan Long Lions (2013)
Phoenix Suns (2014-2015)
Boston Celtics (2015)
Liaoning Flying Leopards (2015−2017)
Beijing Fly Dragons (2017−presente)

Ronald Shavlik Randolph, nado o 24 de novembro de 1983 en Raleigh, Carolina do Norte, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense actualmente xoga para os Beijing Fly Dragons da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No verán de 2005, Randolph declarouse a si mesmo elixible para o Draft da NBA. Non foi elixido no Draft de 2005, pero o 5 de agosto dese mesmo ano, foi fichado coma axente libre polos Philadelphia 76ers. Este contrato non lle garantía un posto no equipo dos 76ers, pero despois da súa participación no training camp, Randolph conseguiu ese posto.

A pesar de que apenas xogou na primeira parte da tempada, Randolph tomou un mellor papel no equipo a finais de decembro do 2005 tras impresionar a outros xogadores e adestradores nos adestramentos por ser moi traballador. Randolph conseguiu os seus mellores números da tempada cando asinou 10 puntos e 13 rebotes.

Randolph rompeuse o nocello o 30 de novembro do 2006, nun accidente durante un adestramento, o cal os seus compañeiros calificaron coma espantoso, comparándoo coa lesión que rematou coa vida deportiva do quarterback da NFL Joe Theisman.[1]

O 25 de setembro do 2008, Randolph asinou un contrato cos Portland Trail Blazers. Xogou o seu primeiro partido no partido 38 da tempada para os Blazers, o 14 de xaneiro do 2009, contra o seu antigo equipo, os Philadelphia 76ers. Randolph anotou 4 puntos no mesmo número de minutos.[2] Os Blazers non renovaron o contrato de Randolph na postempada para ter máis espazo no equipo para os xogadores que chegaran do draft.

Entón, Randolph uniuse aos Miami Heat, pero foi despedido o 14 de decembro do 2009.[3] Asinou cos Portland Trail Blazers o 30 de decembro,[4] foi despedido un tempo,[5] e volveu a asinar un contrato de dez días.[6] Asinou de novo cos Miami Heat no final da tempada 2010.[7] Foi cortado en outubro do 2010.

O 15 de xaneiro de 2015, Randolph foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre os Celtics, os Phoenix Suns e os Los Angeles Clippers.[8]

Mellores momentos[editar | editar a fonte]

  • Conseguiu a súa máxima puntuación nun partido o 25 de novembro do 2006 en Cleveland, onde anotou 12 puntos.
  • Por 48 minutos de xogo xogados na tempada 2006-07, asinou 15.6 puntos, 14.5 rebotes, 1.88 roubos e 2.68 tapóns.
  • Leva o número 42 porque é a metade do número que levaba o seu pai Ronnie Shavlik, o 84.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]