Shaun Tan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shaun Tan

Shaun Tan, nado en Fremantle, Australia Occidental no 1974, é un ilustrador e autor de libros infantís australiano. Entre as súas obras destacan The Red Tree, The Lost Thing e The Arrival.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De neno ilustraba contos e poemas e tamén debuxaba dinosauros, naves espaciais e robots eran a súa paixón. Na escola coñecíano como un artista con moito talento. Foi aos once anos cando se fixo fan da serie The Twilight Zone, así como de libros con temas parecidos. Todas estas historias foron o que o impulsaron a escribir os seus propios contos. Finalmente logrou un gran éxito coas súas ilustracións; e aos dezaseis anos apareceu o seu primeiro debuxo na revista australiana Aurealis no 1990.

Tan estudou para converterse en xenético, e desfrutou da química, da física, da historia e do inglés na escola secundaria así coma o arte, e afirmou que nunca tivo claro o que quería facer coa súa vida, incluso na universidade. Adentrouse nos estudos universitarios, universidade de Melbourne, pero pronto os abondou e comezou a traballar como artista. Tomou esta decisión porque apaixonáballe a idea de poder gañarse a vida co debuxo e ca pintura.

Formación[editar | editar a fonte]

Tan asistiu ao Balcatta Senior High School, onde foi inscrito a un programa de arte especial para estudantes dotados e talentosos. A principal vantaxe, dicía Shaun, era que os estudos chegaron a ser impartidos por unha ampla gama de artistas con talento. Rematou este curso no ano 1991. Continuou a súa educación na universidade de Melbourne, onde volveu e estudou Belas Artes, Literatura e Historia Inglesa. Graduouse no 1995, cun Bacharelato de Arte.

Proceso de Traballo[editar | editar a fonte]

Orixinalmente Tan, traballou en branco e negro porque as reproducións finais imprímense desa maneira. Emprega para as súas ilustracións plumas, tintas, carbóns, fotocopias, linóleos... A pintura actual de Tan aínda funciona como monocromática. Usa un lapis de grafito para facer os seus bocetos. Os debuxo reprodúceos a continuación varias veces, nas que varía e agrega ou quita partes. O corte e a idea do collage están presentes nestas primeiras etapas e a miúdo esténdense en moitas das súas ilustracións empregando diversos materiais como vidro, metal, insectos mortos.... O propio Shaun Tan se describe así mesmo como un traballador lento, que revisa os seus traballos unha e outra vez. Está interesado na perda da alineación, e cree que os nenos, en particular reaccionan ben ante as cuestións da xustiza natural. Séntese como un tradutor de ideas, e é feliz e alagado ao ver as súas obras adaptadas e interpretadas no cine e na música.

Influencias[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Shaun Tan gañou arredor de corenta e seis premios dende o ano 1992 ata o 2011.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Sitio Oficial de Shaun Tan en español