Sharon den Adel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sharon den Adel
Sharon free.jpg
Nome completo Sharon Janny den Adel
Naceu 12 de xullo de 1974 (39 anos)
Orixe Waddinxveen, Países Baixos Flag of the Netherlands.svg
Instrumento(s) voz
Tipo de voz Mezzosoprano
Relacionado con Within Temptation


Sharon Janny den Adel, nada o 12 de xullo de 1974, é unha cantante holandesa, vocalista da banda de Gothic Metal Within Temptation.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xunto á súa parella, Robert Westerholt, Sharon é unha das fundadoras da banda holandesa de Power Symphonic Metal Within Temptation. Ela definiu o seu traballo como épico e cinemático. A súa voz de mezzosoprano xoga un mellor rol no son da banda pero ela en realidade nunca tivo un adestramento profesional.

Participacións noutras bandas[editar | editar a fonte]

Sharon participou coa súa voz en numerosas cancións de grupos de orixe holandesa e estranxeiros. Tales como no álbum Lucidity, do grupo Delain, na canción "Non Compliance", grupo de Holanda que recentemente salto á fama este ano, Sharon canta na canción "Farewell" e "Into The Unknown" dos discos "Avantasia" The Metal Opera Parte I e Parte II; proxecto alterno de Tobias Sammet vocalista de Edguy. Do mesmo xeito que con After Forever en cancións dos seus diferentes discos, é a voz feminina en "are you the one" de Timo Tolkki, "Time" de Aemen, unha banda de progressive e "In and Out of Love" do álbum Imaxine de Armin Van Buuren.

Voz[editar | editar a fonte]

A voz de Sharon den Adel corresponde á dunha mezzosoprano lixeira. Caracterízase por ser moi melódica, cun timbre moi brillante e agudos moi acentuados. A súa potencia vocal está entre 2.5 e 3 oitavas, en cancións como Angels, Jillian de The Silent Force e The Promise de Mother Earth son exemplos da súa expresión vocal. Está considerada actualmente como unha das mellores voces do Gothic e Symphonic Metal xunto a Simone Simons, Floor Jansen, Tarja Turunen, e outras. Cando canta en vivo a súa voz é case identica á da gravación do estudo, por tanto é unha das mellores cantando en vivo. O timbre natural da súa voz é algo agudo por tanto iso a axuda moito. Rango vocal: de La2 a Mi6

Vestimenta[editar | editar a fonte]

Esta vocalista tamén se caracteriza pola súa elegancia e os seus espectaculares corpiños. Nun primeiro momento decidiuse por vestir nos seus concertos vestidos longos e voluminosos, pero que non lle quitaban mobilidade en absoluto. Na actualidade o seu estilo variou considerablemente, cambiando os seus vestidos por saias e corset de cores preferentemente claras.

Fans famosos[editar | editar a fonte]

  • Dave Grohl Dixo é un seguidor da "voz operística estilo Kate Bush" de Sharon e de Within Temptation.
  • Simone Simons da banda holandesa de symphonic/gothic metal Epica é tamén unha seguidora.
  • A banda tamén lévase ben coa banda italiana Lacuna Coil.
  • Anette Olzon, a nova líder do grupo finés de symphonic/ power metal Nightwish (despois de substituír Tarja Turunen) dixo que é unha seguidora de Within Temptation e que a voz de Sharon é unha das suas favoritas.
  • Frans "Spike" van Zoest, guitarrista da banda de rock holandesa Di-rect unha vez afirmou que lle gustaba Within Temptation.
  • Amy Lee, a líder e cantante do grupo norteamericano Evanescence afirmou nunha entrevista que lle gusta o "son dramático" de Within Temptation.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sharon den Adel