Sharon Stone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sharon Stone
Sharon Stone KV.jpg
Imaxe da actriz no Festival Internacional de Cine de Karlovy Vary en 2005.
Nacemento Sharon Yvonne Stone
10 de marzo de 1958
Meadville, Pensilvania
Profesión Actriz (1980 - presente), ex-modelo
Páxina web oficial
Ficha na IMDb

Sharon Stone, nada en Meadville (Pennsylvania), o 10 de marzo de 1958 é unha actriz americana. Coñecida de antes, fíxose famosa polo filme de Paul Verhoeven Basic Instinct.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena localidade de Crawford County, filla de pai traballador dunha fábrica (de nome Joseph) e nai ama de casa (de nome Dorothy, que ás veces se dedicaba a vender produtos Avón), que formaban a típica familia de clase social media-alta. É a segunda de 4 irmáns, o primeiro (Michael), tamén se dedica a actuación; e os dous últimos (Patrick e Kelly); a quen Sharon deixaría a supervisión da ONG Planet Hope (creada no 1991) para axudar a nenos sen fogar.

De nena demostrou posuír, á vez que estudaba no instituto Saegertown un coeficiente intelectual moi alto (IQ 154) feito que lle valeu formar parte da asociación MENSA, anos máis tarde (un grupo de xente superdotada no nivel intelectual). Estudou grazas a unha bolsa de arte e escritura na Universidade de Edinboro (Pennsylvania). Universidade a que logrou entrar grazas ás súas boas cualificacións escolares á idade de 15 anos, estudos que alternou co seu primeiro traballo de dependenta nun mostrador de McDonald's. Por aquel entón era tamén a gañadora dos certames de beleza da mesma universidade.

Os 17 anos gañou o concurso de beleza Miss Pennsylvania. Isto animou a aquela moza de entón a dar un paso máis, contaba co visto bo dos seus pais, e comezou como modelo na axencia Eileen Ford (en Nova York) e, dende as pasarelas e as reportaxes fotográficas, consegue chama-la atención dos “caza-talentos” do cinema americano, que foron conscientes do que unha nova rapariga loira e de formas moi rotundas podía obter nunha industria sempre necesitada de caras novas. Asemade xa estudaba interpretación con Jack Waltzer e Marilyn Freid. Apareceu en anuncios para televisión anunciando marcas como Clairol, Revlon, Goodyear, Fabergè, e Diet Coke.

Durante un desfile de modas de Valentino; foi porén Woody Allen quen lle ofreceu unha oportunidade para debutar no cinema, cun pequeno papel en Lembranzas (1980), cando Sharon contaba apenas 21 anos. No filme, que denotaba as claras a admiración de Allen polo cinema europeo, Sharon Stone interpreta a unha pantasma sensual e suxerente. A súa actuación serviulle para iniciar unha serie de traballos en filmes menores (da que daremos conta na súa filmografía), onde a súa presenza era secundaria ou non pasaba de explota-lo seu físico, sen contar máis ben coma protagonista nos títulos moi pouco representativos. Deste período, talvez, cabe sinalar o seu traballo co francés Claude Lelouch n' Os uns e mailos outros de 1981, así como a súa aparición nunha pequena serie de filmes de aventuras que trataban de reproduci-lo éxito no pasado das súas antecesoras: As minas do rei Salomón de 1985 e Quatermain na cidade do ouro de 1986, que, segundo outros autores foron máis ben de cine B, e que non pasaron de ser discretos intentos de actualización das obras que, no xénero de aventuras, foron no seu día moi admiradas.

No canto o seu traballo tivo a opción de alternarse en series de TV; algunhas delas son: Mike Hammer, Magnum e Remington Steele. O 18 de agosto de 1984 casou por primeira vez con Michael Greenburg (produtor de series coma de McGyver), pero o seu matrimonio durou pouco (o divorcio foi o 20 de xaneiro de 1987). Non faltou quen acreditou un anterior casamento con George Englund Jr. a cuxo casamento e posterior divorcio nos son descoñecidas. Porén, o 14 de febreiro de 1998 casa de novo co redactor Phil Bronstein, editor do xornal San Francisco Examiner, con quen adoptaría un fillo, Roan José (nado o 22 de maio do 2000 en Texas). Pero o casamento tampouco durou moito, o 29 de xaneiro do 2004 volvía haber un novo divorcio. Ao parecer tivo relacións sentimentais co produtor executivo Barry Josephson, músico de country Dwight Yoakam, o axudante de director Bob Wagner, produtor Bill McDonald e o empresario Michael Benasra, aínda que nada hai de claro nisto. Nestes tempos descóbrese a súa alerxia á cafeína, alén dunha cicatriz que se fixera de pequena montando a cabalo e da que lle quedou unha pequena marca na dereita do pescozo. Outros autores concordan en que tamén padece de diabetes e de asma (informacións das que a actriz non dixo nada). Malia isto, é certo que no outubro do 2001 estivo ingresada un certo tempo a causa dun aneurisma no cerebro.

Volvendo os finais dos oitenta traballa en España, en Sangre y arena (1989), unha nova versión da famosa novela de Vicente Blasco Ibáñez, dirixida por Javier Elorrieta. Un ano máis tarde, o holandés Paul Verhoeven dálle un papel secundario, pero de relativa importancia, en Total Recall (1991), unha historia de ciencia ficción protagonizada por Arnold Schwarzenegger, na que a actriz interpretaba súa muller. A película obtivo bos resultados na taquilla e o seu director ficou moi satisfeito coa actuación de Sharon.

O seu gran momento chegaría pouco despois, cando o propio Verhoeven ofrécelle o principal papel feminino de Instinto básico (1992). O filme foi un éxito que superou o puramente cinematográfico, para internarse no terreo do sociolóxico. A súa estrutura policíaca e un erotismo algo máis explícito do habitual nun filme destinado a ser exhibido en salas comerciais, aquel cruzamento e descruzamento de pernas propiciou que a crítica e o público se interesasen por este filme. Sharon tivo sorte, pois o personaxe fora rexeitado antes por diversas actrices -entre as que se atopaban Julia Roberts e Ellen Barkin- que consideraban que o seu contido sexual non conviña as súas carreiras. Soubo captar que aquela era a súa grande oportunidade e aceptou tódalas condicións que o director lle puxo. Pero ademais, demostrou que posuía non só beleza senón tamén capacidade dramática para dar de si máis do que moitos crían. A súa actuación xunto a Michael Douglas converteuse nunha das pancas decisivas para a popularidade do filme e, grazas a ela, Sharon viu multiplicarse as súas posibilidades na industria e as súas ganancias aumentaron extraordinariamente. Por aquel entón o seu caché era de 750.000 dolares, e mesmo foi nominada para o Globo de Ouro a mellor actriz nese ano.

Porén, aínda tería que pasar certo tempo antes de que unha maioría de profesionais recoñecesen a súa categoría. Para moita xente continuaba sendo unha cara bonita, un corpo proporcionado e pouco máis. A selección de títulos realizada tras Instinto básico non foi moi acertada, aínda que contribuíu a mante-la no alto do show-business, rodando con actores de gran popularidade como Sylvester Stallone e directores de certo culto, coma no caso de Sam Raimi.

A mediados da década dos noventa volta ao máis alto e, esta vez si, gáñase o respecto da crítica especializada. Débello a Martin Scorsese quen, na contra da opinión de moitos, dálle o primeiro papel feminino de Casino (1995), ao carón de Robert De Niro. O éxito do filme foi relativo, todos estiveron de acordo en que Stone atinxira unha magnífica actuación nun personaxe cheo de rexistros e que os seus encantos tiñan que se agochar por esixencias do guión. De rapariga atolada a alcohólica, a interpretación da actriz valeulle o Globo de Ouro á mellor actriz e ser nominada para o Oscar, pero non acadou o premio da Academia.

Nas súas actuacións posteriores tratou de coidar algo máis a elección dos traballos, procurando incluso involucrarse en proxectos que tiñan certo respaldo intelectual ou tivesen relación con temas máis ou menos comprometidos, coma poden ser Condenada (1996), de Bruce Beresford, nova incursión no tema da pena de morte, ou Un mundo á súa medida (1998), de Peter Chelson, na que se formulan as relacions entre un mangallón débil mental e un rapaz cunha enfermidade dexenerativa. A pelicula valeulle para unha nova nominación o Globo de Ouro a mellor actriz. Tamén unha nova versión do policíaco Gloria (1999), que dirixira no seu día John Cassavetes, coa súa dona Gena Rowlands foi protagonizada por Sharon. Neste tempo volve ser acadada para unha nova denominación o Globo de Ouro polo filme A musa. O seu cache aumentou na valoración ata 6.000.000 dolares.

Cando sobrepasa os corenta anos, Sharon Stone consegue ser unha estrela e abrirse paso coma actriz (conta cunha das voces máis interesantes do conxunto de actrices de final do século en Hollywood). A súa face é unha das máis populares da industria do cinema e sempre, indiscutiblemente, será un dos reclamos de calquera carteleira que se prece. No ano 2000 participou na campaña Dereitos do Home na defensa dos dereitos dos homosexuais. Esta muller deu moito que falar xa que, tras aparecer espida na revista Playboy (ano 1999) e, durante a campaña de defensa dixo textualmente As mulleres quizais sexan capaces de finxiren os orgasmos. Pero os homes poden finxi-las relacións enteiras nun intento de demanda para que o goberno dera luz verde a estes temas.

No 2002 Sharon Stone foi presidenta do xurado no Festival Internacional de Cine de Cannes 2002. Ao seu carón estaban outros membros de recoñecido pretixio coma: David Lynch, Christine Hakim, Claude Molinero, Michelle Yeoh, Raoul Ruiz, Régis Wargnier e Walter Salles. No 2003 trala separación de bens, Sharon Stone comeza a vivir na residencia dos Ánxeles (California) mentres que Phil Bronstein ocupa a súa casa de San Francisco. Céntrase no tema que máis lle gusta, os filmes en branco e negro (os seus favoritos, segundo apareceu en diversos xornais, son as de Fred Astaire e Ginger Rogers). A vida desta muller tamén estivo envolta en polémicas, coma a demanda posta pola ama de chaves anterior de Stone (Socorro del Carmen), na cal non se cualificaba culpable polo roubo de 300.000 dolares en alfaias de xoiaría e outros obxectos de valor. Sharon, tamén provou a facer filmes coma directora, unha delas, The Quick and the Dead foi rodada xunto a compaña do director Sam Raimi. A cousa foi ben xa que Stone tiña na súa propiedade unha compañía de produción creada por ela mesma.

No 2004 Sharon Stone demandou o luns 13 de decembro a un cirurxián plástico de Beverly Hills (California), acusado de declarar falsamente a prensa que lle realizara un lifting, e así poñer en perigo a súa carreira de actriz. Tamén en abril do mesmo ano recibe a medalla do National Center pola defensa dos colectivos de lesbianas de San Francisco o que supón unha involucración nas organizacións destes colectivos ante a loita contra a SIDA. É unha das persoas de maior prestixio dentro da organización de investigación da SIDA, Amfar. Alterna as súas estancias entre a súa casa de Beverly Hills, California, e o rancho en Nova Zelanda.

Dentro do 2005, concretamente o 28 de xaneiro, no Foro Económico Mundial (Suíza) fixo unha doazón de 100.000 dolares para recontrucións dos asentamentos destruídos e en límites de pobreza despois dunha guerra. O 7 de maio, Stone, con 47 anos, adopta unha pequena nada en Texas de pais descoñecidos a que lle pon o nome (o 11 do mesmo mes) de Laird Vonne Stone. O 20 de maio recibe a Orde de Artes e Letras francesas durante o 58º edición do Festival Internacional de Cannes. Ao largo da súa traxectoria cinematográfica, compaxinou a súa carreira de actriz, con outras aparicións en series de TV (xa sexan coma actriz ou coma hóspede nalgún programa) e con outras afeccións das que daremos conta a continuación.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • 1980: (Stardust Memories) Recuerdos. Actriz secundaria. Dirixida por Woody Allen.
    Magnum. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Silver Spoons. Serie de TV. Realiza un capítulo.
  • 1981: (Deadly Blessing) Bendición mortal. Interpreta a Lana Marcus. Dirixida por Wes Craven.
    (Les Uns et les autres) Los unos y los otros. Actriz secundaria. Dirixida por Claude Lelouch.
  • 1982: Not Just Another Affair. Pelicula para TV, interpreta a Lynette. Dirixida por Steven Hilliard Stern.
  • 1983: (Les Uns et les autres) Los unos y los otros. Serie de TV, actriz secundaria. Dirixida por Claude Lelouch.
    Bay City Blues. Serie de TV, actriz secundaria.
    Remington Steele. Serie de TV. Realiza un capítulo.
  • 1984: (Irreconcilable Differences) Diferencias irreconciliables. Interpreta a Blake Chandler e Amanda. Dirixida por Charles Shyer.
    Calendar Girl Murders. Filme de TV, interpreta a Cassie Bascomb.
    The Vegas Strip War. Serie para TV, interpreta a Sarah Shipman. Realiza un capítulo.
    Magnum, P.I. Serie de TV. Realiza 3 capítulos.
    Mike Hammer. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Mickey Spillane’s. Serie de TV. Realiza un capítulo.
  • 1985: (King Solomon's Mines) Las minas del rey Salomón. Interpreta a Jesse Huston. Dirixida por J. Lee Thompson.
    T.J. Hooker. Serie de Tv. Realiza un capítulo.
  • 1986: Parting Glances. Actriz secundaria. (realiza traballo de composición da obra).
  • 1987: (Allan Quatermain and the Lost City of Gold) Quatermain en la ciudad perdida del oro. Interpreta a Jesse Huston. Dirixida por Gary Nelson.
    Cold Steel. Interpreta a Kathy Connors. Dirixida por Dorothy Ann Puzo.
    (Police Academy 4: Citizens on Patrol) Loca academia de policía IV. Interpreta a Claire Mattson. Dirixida por Jim Drake.
  • 1988: (Tears in the Rain) Por encima de la ley. Filme para TV, interpreta a Casey Cantrell. Dirixida por Andrew Davis.
    (Action Jackson) Acción Jackson. Interpreta a Patrice Dellaplane. Dirixida por Craig R Baxley.
    Above the Law. Interpreta a Sara Toscani.
    War and Remembrance. Serie para TV, interpreta a Janice Henry.
  • 1989: (Beyond the Stars) Más allá de las estrellas. Interpreta a Laurie McCall. Dirixida por David Saperstein.
    Sangre y arena. Interpreta a Doña Sol. Dirixida por Javier Elorrieta.
  • 1990: Total Recall. Interpreta a Lori. Dirixida por Paul Verhoeven.
    The Making of 'Total Recall'. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Late Night with David Letterman. Documental de TV. Dirixe ela mesma.
  • 1991: (Diary of a Hitman) Diario de un asesino a sueldo. Interpreta a Kiki. Dirixida por Roy London.
    (He Said, She Said) El dijo, ella dijo. Interpreta a Linda. Dirixida por Ken Kwapis e Maria Silver.
    (Year of the Gun) El año de las armas. Interpreta a Alison King. Dirixida por John Frankenheimer.
    Scissors. Interpreta a Angie Anderson. Dirixida por Frank de Felitta.
    Where Sleeping Doeg Lie. Actriz secundaria. Dirixida por Charles Finch.
  • 1992: (Basic Instinct) Instinto básico. Interpreta a Catherine Tramell. Dirixida por Paul Verhoeven.
    Saturday Night Live. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    De tú a tú. Programa de TV. Unha entrevista.
    The 64th Annual Academy Awards. (copresentadora).
  • 1993: (Sliver) Acosada. Interpreta a Carly Norris. Dirixida por Phillip Noyce.
    (Last Action Hero) O último gran heroe. Interpreta a Catherine Tramell. Dirixida por John McTiernan.
    Tal cual. Programa de TV. Unha entrevista.
    Harlow: The Blonde Bombshell. Dirixe ela mesma.
    1993 MTV Movie Awards. Documental para TV. Dirixe ela mesma.
    The 65th Annual Academy Awards. (presentadora).
    Comic Relief: Baseball Relief '93. Dirixe ela mesma.
  • 1994: Intersection. Interpreta a Sally Eastman.
    (The Specialist) El especialista. Interpreta a May Munro e a Adrian Hastings. Dirixida por Luis Llosa.
    The Larry Sanders Show. Programa de TV. Unha entrevista.
    The 66th Annual Academy Awards. (presentadora, subdirectora). Mellor programa do ano.
    The Comedy Hall of Fame. Dirixe ela mesma.
  • 1995: (Happily Ever After: Fairy Tales for Every Child) Entre dos mujeres. Película de TV. (pon a voz e fai de narradora). Dirixida por Mark Rydell.
    (The Quick and the Dead) Rápida y mortal. Interpreta a The Lady. (coprodutora) Dirixida por Sam Raimi.
    Casino. Interpreta a Ginger McKenna e a Rothstein. Dirixida por Martin Scorsese.
    Roseanne. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Dennis Miller Live. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The Celluloid Closet. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 67th Annual Academy Awards. (presentadora, subdirectora). Mellor programa do ano.
  • 1996: (Diabolique) Diabólicas. Interpreta a Nicole Horner. Dirixida por Jeremiahs Chechik.
    Condenada. Actriz secundaria. Dirixida por Bruce Beresford.
    Last Dance. Interpreta a Cindy Liggett.
    Ruby Wax Meets. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Film '72. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    MTV Video Music Awards 1996. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Catwalk. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The Good, the Bad & the Beautiful. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 68th Annual Academy Awards. (presentadora, subdirectora). Nominada a mellor actriz e copresentadora.
  • 1997: The American Film Institute Salute to Martin Scorsese. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Big Guns Talk: The Story of the Western. Serie para TV. Dirixe un capítulo.
    Off the Menu: The Last Days of Chasen's. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 1998: The Mighty. Interpreta a Gwen Dillon. Dirixida por Peter Chelsom.
    (Antz) Hormigas (pon a voz e interoreta a Princess Bala) Dirixida por Eric Darnell e Tim Johnson.
    (Sphere) Esfera. Interpreta a Dr. Elizabeth 'Beth' Halperin. Dirixida por Barry Levinson.
    The Roseanne Show. Programa de TV. Unha entrevista.
    Dennis Miller Live. Programa de TV. Unha entrevista..
    Hollywood Salutes Arnold Schwarzenegger: An American Cinematheque Tribute. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 70th Annual Academy Awards. Dirixe e presenta ela mesma.
    Junket Whore. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The Rosie O'Donnell Show. Programa de TV. Unha entrevista.
  • 1999: Simpático. Interpreta a Rosie Carter.
    Gloria. Interpreta a Gloria. Dirixida por Sidney Lumet.
    (The Muse) La Musa. Interpreta a Sarah Little. Dirixida por Albert Brooks.
    (The Sissy Duckling) Círculo de Engaños. (pon a voz e fai de narradora). Dirixida por Matthew Warchus.
    Inside the Actors Studio. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The Stars of Star Wars: Interviews From the Cast. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Forever Hollywood. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    AFI's 100 Years... . Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Jews and Buddhism: Belief Amended, Faith Revealed. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2000: If These Walls Could Talk 2. Interpreta a Fran (só durante unha parte do filme).
    (Picking up the Pieces) Cachitos Picantes. Interpreta a Candy Cowley. Dirixida por Alfonso Arau.
    Beautiful Joe. Interpreta a Alice 'Hush' Mason. Dirixida por Stephen Metcalfe.
    Larry King Live. Programa de TV. Unha entrevista.
    In the Shadow of Hollywood. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    CyberWorld. Traballo para TV. (pon a voz e fai de Princess Bala).
    Beyond the Summit. Traballo para TV. (pon a voz e fai de narradora).
  • 2001: Imagining 'Total Recall'. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Blonde Poison: The Making of 'Basic Instinct'. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2002: Harold and the Purple Crayon. Serie de TV. (fai de narradora).
    Leute heute. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Who Is Alan Smithee?. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 74th Annual Academy Awards. Dirixe e presenta ela mesma xunto a Jhon Travolta.
    Searching for Debra Winger. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    AFI Life Achievement Award: A Tribute to Tom Hanks. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2003: (Cold Creek Manor) La Casa. Interpreta a Leah Tilson. Dirixida por Mike Figgis.
    Primetime Glick. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Larry King Live. Programa de TV. Unha entrevista.
    Ellen: The Ellen DeGeneres Show. Programa de TV. Unha entrevista.
    The Practice. Serie de TV. Realiza 4 capítulos.
    Late Show with David Letterman. Programa de TV. Unha entrevista.
    Celebrity Naked Ambition. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 60th Annual Golden Globe Awards. Traballo para TV. (presenta, mellor actriz na comedia musical.
    Hollywood's Hottest. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Sex at 24 Frames Per Second. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
  • 2004: (A Different Loyalty) Tercera Identidad. Interpreta a Sally Tyler e a Cauffield. Dirixida por Marek Kanievska.
    Catwoman'. Interpreta a Laurel Hedare. Dirixida por Pitof.
    Tinseltown TV. Programa de TV. Unha entrevista.
    The Graham Norton Effect. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The View. Programa de TV. Unha entrevista.
    4Pop. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Larry King Live. Programa de TV. Unha entrevista.
    E! 101 Most Starlicious Makeovers. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The Ultimate Hollywood Blonde. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Rules of the Genre. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 61st Annual Golden Globe Awards. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
    The Second Annual TV Land Awards: A Celebration of Classic TV. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
    Moving Image Salutes Richard Gere. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    MTV Movie Awards 2004 Pre-Show. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    2004 MTV Movie Awards. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
    ESPY Awards. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Jiminy Glick in La La Wood. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    The 56th Annual Primetime Emmy Awards. Traballo para TV. Dirixe e copresenta ela mesma.
    VH1 Big in 04. Traballo para TV. Dirixe e presenta ela mesma.
  • 2005: (Broken Flowers) Flores rotas. Interpreta a Laura. Dirixida por Jim Jarmusch.
    Alpha Dog. Interpreta a Olivia Mazursky. Dirixida por Nick Cassavetes. (estase a rematar o filme, a versión en español probablemente non aparecerá até o 2006).
    (Basic Instinct 2: Risk Addiction) Instinto Básico II, Adicción al Riesgo. Interpreta a Catherine Tramell. Dirixida por Michael Caton-Jones. (Interpreta a Karen. (a versión en español a finais de marzo do 2006).
    Higglytown Heroes. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The Contender. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    Will & Grace. Serie de TV. Realiza un capítulo.
    The 77th Annual Academy Awards. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    A&E Biography: Sylvester Stallone. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Special Thanks to Roy London. Traballo para TV. Dirixe ela mesma.
    Wassup Rockers. (produtora executiva). Drama dirixido por Larry Clark.
  • 2006: Cougars. Interpreta a Mrs. Robinson. (sen director confirmado).
    Never Change. (baséase sobre a novela de Elizabeth Berg). Dirixida por Sharon Stone.
    If I Had Known I Was a Genius (Si hubiese sabido que era un genio). Interpreta a Gloria. Dirixida por Dominique Wirtschafter. Posiblemente non aparecerá até o 2007.
    Bobby. Interpreta a Miriam. Dirixida por Emilio Estevez. Posiblemente non aparecerá até o 2007.
    When a Man Falls in the Forest (Un hombre caido en el bosque). Interpreta a Karen. Dirixida por Ryan Eslinger. Posiblemente non aparecerá até o 2007.
  • Polo de agora traballou en 3 capitulos da serie "Huff", interpretando a Dauri Rathburn.

(Os datos das películas no tocante ao 2006, non son conclusos; por falta de confirmación definitiva das fontes consultadas).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sharon Stone