Shangri-la (Titán)
| Shangri-la | |
|---|---|
| Shangri-la é a extensa rexión escura no centro desta imaxe de Titán. | |
| Tipo de accidente xeolóxico | Accidente de albedo escuro |
| Accidente xeolóxico de | Titán |
| Coordenadas | 10° S 165° O[1] |
| Procedencia do nome | Shangri-La, o paraíso mítico situado no Tibet. |
Shangri-la é unha extensa e escura rexión da lúa de Saturno, Titán, situada a 10° S 165° O[1]. Recibiu o nome de Shangri-La, o mítico paraíso situado no Tibet. Pensase que esta rexión é unha inmensa planicie de materiais escuros e tamén especulase con que no pasado posuíse mares, aínda que hoxe en día esta rexión está seca, de feito foron detectadas dunas[2][3] e coa axuda do radar da sonda Cassini estase a estuda-la dirección das mesmas e a posible influencia sobre estas dunas da gran rexión de Xanadu que esta situada o leste de Shangri-la[2][3].
Shangri-la é estudado con intensidade debido ás numerosas faculae que existen dentro da rexións, así coma pola existencia de cráteres no interior desta rexión coma Guabonito, a parte de ser fronteiriza con grandes rexións, Xanadu no leste, Adiri no oeste, e Dilmun no norte. No mapa de Titán que se pode atopar a esquerda, inclúese a localización exacta do lugar de aterraxe da sonda Huygens.
Índice |
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Titan: Shangri-La". http://planetarynames.wr.usgs.gov/jsp/FeatureNameDetail.jsp?feature=6990.
- ↑ 2,0 2,1 "Composition And Geometry Of Titan'S Dunes". The Smithsonian/NASA Astrophysics Data System. http://adsabs.harvard.edu/abs/2009DPS....41.2108L.
- ↑ 3,0 3,1 "The Dunes of Shangri-La : New Cassini RADAR results on patterns of aeolian features and the influence of topography". The Smithsonian/NASA Astrophysics Data System. http://adsabs.harvard.edu/abs/2008AGUFM.P21A1309L.