Shandong - 山东
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Capital | Jinan (3,245.000 hab.) |
| Área | 156.700 km² |
| Poboación | 95,793.000 hab. |
| Densidade | 609 hab./km² |
Shandong é unha provincia costeira da República Popular da China, situada no leste do país, ó sur do río Amarelo, e bañada polas augas do mar Amarelo. O seu nome significa literalmente leste das montañas, pola presenza das montañas Taihang no oeste da provincia.
Trátase da provincia chinesa máis poboada, con máis de 95 millóns de habitantes. A parte da capital Jinan, outras cidades da provincia millonarias en habitantes son Qingdao e Zibo.