Shabtai Zevi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shabtai Zevi.

Shabtai Zevi ou Sabbatai Zevi, nado en Esmirna en 1626 e finado en Ulcinj(actual Montenegro) en 1676, foi un mesías e cabalista xudeu, coñecido como Amirah polos seus seguidores.

Fundou a seita donmeh, que floreceu no Imperio Otomán, no que confluían elementos do xudaísmo, cristianismo e islamismo.

En 1648 proclamouse mesías, expulsado de Esmirna en 1651 ou 1654 buscou refuxio en Grecia, en 1665 uniuselle Nathan de Gaza e conseguíu apoio entre os xudeus de Palestina e entre a diáspora. En 1666 tentou entrar en Constantinopla, pero foi arrestado polas autoridades turcas e converteuse ao Islam, probablemente para salvar a vida.