Shūnan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shūnan-shi - 周南市
Flag of Shunan, Yamaguchi.png
Bandeira
Mapa
Shunan in Yamaguchi Prefecture Ja.svg
Localización de Shūnan na prefectura de Yamaguchi
Map of Japan with highlight on 35 Yamaguchi prefecture.svg
Localización da prefectura de Yamaguchi no Xapón
Información
País Flag of Japan.svg Xapón
Illa Honshu
Rexión Rexión de Chūgoku, Rexión de San'yō
Prefectura Prefectura de Yamaguchi
Superficie 656,32 km²
Poboación 149.739 (2009)
Densidade 228 hab./km²
Alcalde Yukio Shimazu

Shūnan (周南市, しゅうなんし, Shūnan-shi) é un concello xaponés da prefectura de Yamaguchi. Está situado na parte centro-leste da prefecura, e na area da provincia histórica de Suō e ó suroeste da rexión de Chūgoku, ó extremo oeste da illa de Honshu. Ten 656,32 km² de superficie, unha poboación de 149.739 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 228 hab./km².

Shūnan limita cos concellos de Hōfu, de Yamaguchi, de Kudamatsu, de Hikari e de Iwakuni. É a cidade máis importante na parte leste da prefectura de Yamaguchi.

Historia[editar | editar a fonte]

O concello de Shūnan naceu o 21 de abril de 2003 pola fusión dos concellos de cidade de Tokuyama e de Shinnan'yō e mais da vila de Kano, do distrito de Tsuno, e de Kumage, do distrito de Kumage.

Economía[editar | editar a fonte]

A zona costeira fórmase a Zona Industrial de Shūnan coas cidades veciños de Kudamatsu-shi e de Hikari-shi.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]