Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band
Álbum de The Beatles
Publicado1 de xuño de 1967
GravaciónEMI Studios e Regent Sound Studio, Londres (6 de decembro de 196621 de abril de 1967)
Duración39:45
Xénero(s)Música rock, rock psicodélico, pop barroco
Selo(s)Parlophone
Producido porGeorge Martin
Cronoloxía
Revolver Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band The Beatles

Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band foi o oitavo álbum dos Beatles. Frecuentemente considerado o álbum de rock máis importante do todos os tempos por críticos e publicacións, como a revista Rolling Stone. Gravouse nun período de 129 días a contar desde o 6 de decembro de 1966 e saíu ó mercado o 1 de xuño de 1967 no Reino Unido e o día seguinte nos Estados Unidos, obtendo un inmediato éxito popular.

Durante as sesións de gravación de Sgt. Pepper's, o grupo mellorou a calidade da produción musical mentres exploraba técnicas experimentais de gravación. O enfoque innovador do produtor George Martin incluía o uso dunha orquestra. As cancións do álbum van dende o music hall, o rock and roll e o pop ata a música tradicional hindú. Amplamente aclamada e imitada, a portada do disco, deseñada polos artistas pop ingleses Peter Blake e Jann Haworth, inspirouse nun bosquexo de Paul McCartney onde a banda posaba diante dun collage con algúns dos seus famosos favoritos.

Relevancia Social[editar | editar a fonte]

O álbum foi publicado o primeiro de xuño do ano 1967, xusto antes do comezo do verán. O espírito das drogas alucinóxenas e da fraternidade converxeron para dar lugar ao que se coñeceu coma o Verán do amor. O movemento hippy, no seu apoxeo naquel momento, viuse enormemente influenciado por este álbum e o sinxelo All You Need Is Love, tamén dos Beatles. Ademais, a portada do, coloquialmente coñecido coma Sgt. Pepper's, foi imitada en numerosas ocasións[1]. Tamén as súas cancións foron versionadas, salientando a versión de Lucy in the Sky with Diamonds do artista Elton John, que acadou o número 1[2] en varias listas ao redor do mundo.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Lennon/McCartney, agás onde se indique o contrario.. 

Cara 1
N.º TítuloVoz/Voces principais Duración
1. "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band"  McCartney 2:02
2. "With A Little Help From My Friends"  Ringo Starr 2:24
3. "Lucy in the Sky with Diamonds"  Lennon 3:28
4. "Getting Better"  McCartney/Lennon 2:47
5. "Fixing a Hole"  McCartney 2:36
6. "She's Leaving Home"  McCartney 3:35
7. "Being for the Benefit of Mr. Kite"  Lennon 2:37
Cara 2
N.º TítuloVoz/Voces principais Duración
1. "Within You Without You" (George Harrison)Harrison 5:05
2. "When I'm Sitxy-Four"  McCartney 2:37
3. "Lovely Rita"  McCartney 2:42
4. "Good Morning Good Morning"  Lennon 2:41
5. "Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (Reprise)"  McCartney 1:18
6. "A Day in the Life"  Lennon/McCartney 5:33
  1. Andrew Murphy published (2017-05-26). "Home". whathifi (en inglés). Consultado o 2022-02-04. 
  2. "The Number Ones: Elton John’s “Lucy In The Sky With Diamonds”". Stereogum (en inglés). 2019-06-20. Consultado o 2022-02-04.