Sfumato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Gioconda ilustra a técnica do esfumato no Óleo.
San Xoán Bautista.

O sfumato (do italiano) é un efecto vaporoso que se obtén pola superposición de varias capas de pintura extremadamente delicadas, proporcionando á composición uns contornos imprecisos, así como un aspecto de vaguidade e distancia. Utilízase para dar unha impresión de profundidade nos cadros do renacemento. Este efecto fai que os tons se difuminen ata valores máis escuros como na Mona Lisa e no San Xoán Bautista.

A invención desta técnica, así como o seu nome sfumato, débense a Leonardo da Vinci.

Técnica[editar | editar a fonte]

Segundo as investigacións de Pascal Cotte,[1] baseadas nunha análise multiespectral do cadro A Gioconda, a técnica utilizada por Leonardo podería consistir nos pasos seguintes:

  1. Sobre un ferro de madeira de álamo, aplícase unha preparación branca de carbonato de calcio, branco de zinc e cola de coello (ósos moídos). A todo isto coñéceselle como creta ou imprimatura.
  2. Trázase un primeiro esbozo ao pincel.
  3. Aplicación dunha veladura (delgada capa de cor), ao óleo, sobre toda a superficie do cadro.
  4. Engádense as sombras e os valores intermedios. No caso do ollo esquerdo de Mona Lisa, esta operación fíxose con terra de Siena moi diluída.
  5. Coa punta do pincel, pluméanse as sombras e os valores intermedios.
  6. Aplícase sobre todo o cadro unha delgada capa translúcida, de cor adaptada a cada zona.
  7. Repaso das zonas plumeadas, pintando nos diminutos espazos entre trazo e trazo, para homoxeneizar.
  8. Toque final: gradación tonal mediante retoques e veladuras específicas ata conseguir o efecto de degradado suave entre as zonas de sombra e as de luz.

Ao final non queda no cadro o mínimo trazo de pincel, facendo moi difícil saber a primeira ollada cal foi a técnica pictórica empregada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo da exposición A passion Léonard, comprendre et créer editado por Ars Latina. París, 2007. ISBN 978-2-910260-14-9

Véxase tamén[editar | editar a fonte]