Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Seven Years in Tibet»)

Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama
Autor/aHeinrich Harrer
OrixeAustria
Linguaalemán
Xénero(s)literatura de viaxes
EditorialRupert Hart-Davis e Dutton
Data de pub.1952
editar datos en Wikidata ]

Sieben Jahre in Tibet. Mein Leben am Hofe des Dalai Lama é un libro autobiográfico escrito polo montañeiro austríaco Heinrich Harrer. Baséase na súa vida e experiencias no Tíbet entre 1944 e 1951, durante a segunda guerra mundial e a posterior invasión chinesa do Tibet en 1950 polo Exército Popular de Liberación.

O libro conta a fuxida de Harrer e o seu compañeiro Peter Aufschnaiter dun campo de prisioneiros británico na India. Harrer e Aufschnaiter viaxaron a través do Tíbet ata Lhasa, a capital. Alí permanecen durante varios anos, polo que Harrer describe con detalle a cultura tibetana da época. Harrer tamén se converteu en titor e amigo do décimo cuarto Dalai Lama, Tenzin Gyatso.

O libro foi traducido a 53 linguas, e converteuse en best-séller nos Estados Unidos en 1954, onde vendeu 3 millóns de copias[1].

Filmes[editar | editar a fonte]

Fixéronse dous filmes baseados no libro: o primeiro en 1956, Seven Years in Tibet, un documental de 76 minutos dirixido por Hans Nieter, e o segundo en 1997, Seven Years in Tibet, dirixido por Jean-Jacques Annaud e interpretado por Brad Pitt no papel de Harrer e David Thewlis no de Aufschnaiter.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Heinrich Harrer, 93, Explorer of Tibet, Dies", artigo de Douglas Martin en The New York Times, 10 de xaneiro de 2006 (en inglés).