Seumas O'Kelly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSeumas O'Kelly
Biografía
Nacemento1881
Loughrea (Condado de Galway)
Morte14 de novembro de 1918
Dublín
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , novelista , xornalista , dramaturgo , escritor de contos Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoteatro, relato
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata


Seumas O'Kelly, nado en Loughrea (condado de Galway) en 1881 e finado en Dublín o 14 de novembro de 1918, foi un escritor irlandés.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como xornalista no periódico de Cork The Southern Star. Despois pasou a traballar como editor no Leinster Leader de Naas, que deixou en 1916 para pasar a traballar no Nationality, voceiro do Sinn Féin, dirixido por Arthur Griffith. Tralo arresto deste no Alzamento de Pascua, O'Kelly regresou ao Leinster Leader. Na fachada da sede deste periódico consérvase unha placa co texto 'Seumas O'Kelly - a gentle revolutionary'. Faleceu dun ataque ao corazón.

Escribiu obras de teatro, relatos curtos e novelas. O seu conto "The Weaver’s Grave" está considerado un dos relatos máis aclamados da literatura irlandesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrity, Davin A. (1988): 44 Irish Short Stories. Seventeenth Edition. Devin-Adair. Co.