Sestao River Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sestao River»)
Sestao River
NomeSestao River Club
Alcume(s)River
Fundación1996
EstadioLas Llanas,
Sestao, España
Inauguración1923
Capacidade8.905
PresidenteEspaña José Carlos Garaizar
AdestradorEspaña José Luis Ribera
Liga2ªB – Grupo 2
2011–1210º
PatrocinadorACB (Acería Compacta de Bizkaia)
Na rede
http://www.sestao-river.com
Titular
Alternativo

O Sestao River Club é un club de fútbol español da cidade de Sestao (Biscaia). Foi fundado en 1996 tras a desaparición do Sestao Sport e actualmente compite na Segunda RFEF.

Historia[editar | editar a fonte]

O Sestao River Club recolle o legado do histórico Sestao Sport Club, desaparecido no verán de 1996 por problemas económicos.

Tras a disolución do Sestao Sport fundouse un novo club na localidade de Sestao con vocación de continuar a tradición do vello Sestao. As mesmas cores, o mesmo terreo de xogo (loxicamente), un escudo practicamente igual e a mesma afección (obviamente), unicamente cambiou de forma lixeira o nome do club xa que o novo Sestao denominouse Sestao River Club no canto de Sport Club, institucionalizando no nome do novo club o alcume de River que posuía o vello Sestao. Este alcume vénlle ao Sestao por que na tempada 1954-55 lograr o primeiro ascenso a Segunda, e ese ano arrasou na súa categoría, e casualmente veu a Europa o River Plate da Arxentina,que fixo unha xira arrasando e por iso se lle empezo a chamar ao Sestao "River".

Tras comezar a súa andaina nas categorías inferiores do fútbol rexional biscaíño e obter tres ascensos consecutivos, o Sestao alcanzou a Terceira División en 1999. Cinco anos mantívose nesta categoría, sempre na parte alta da táboa, ata obter o seu primeiro ascenso á Segunda División B en 2004. Perdeu a categoría na tempada do seu debut, pero en 2006 volveu lograr o ascenso a Segunda B. Actualmente milita nesta categoría.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta verdinegra a 4 raias, pantalón negro cunha fina raia verde e medias negras.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca con detalles verdes e pantalón verde con medias brancas.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Sestao River xoga no Campo Municipal de Las Llanas, inaugurado en 1923. O seu aforamento é de 4.350 espectadores e as dimensións do terreo de xogo 103 x 65 metros.

Está prevista a construción dun novo estadio no terreo de Las Canteras, debido á antiguidade de Las Llanas.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1996/97 Rexional
1997/98 Rexional
1998/99 Rexional
1999/00
2000/01
2001/02
2002/03
2003/04
2004/05 2ªB 18º
Tempada Categoría Posto
2005/06
2006/07 2ªB
2007/08 2ªB 10º
2008/09 2ªB 15º
2009/10 2ªB 17º
2010/11
2011/12 2ªB 10º
2012/13 2ªB -

Palmarés[editar | editar a fonte]

2017

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]