Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo é unha unidade que resolve as necesidades relativas ao uso do galego que xorden na administración viguesa.

No aspecto lingüístico, tanto de cara á administración como de cara á poboación, o seu traballo consiste en corrixir, traducir, resolver dúbidas e proporcionar material de consulta.

Dende o punto de vista normalizador, a unidade xestiona cursos de lingua galega ─especialmente de linguaxe administrativa─, fornece información respecto de axudas e subvencións relativas á lingua que se convocan dende a Xunta, organiza campañas de normalización lingüística dirixidas a sectores concretos, elabora léxicos e material de traballo para sectores determinados etc.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]