Servando Gómez-Aller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Servando Gómez-Aller de la Vallina»)
Servando Gómez-Aller
Nacemento?
Falecemento28 de outubro de 1977
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Servando Gómez-Aller de la Vallina Martínez de la Rosa, finado en Vigo o 28 de outubro de 1977,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do farmacéutico e odontólogo Servando Gómez de la Vallina e mais de Mercedes Aller Vicente.

Militante do Partido Galeguista, foi secretario do Grupo Galeguista de Lugo en 1935. Despois da guerra civil foi unha das persoas coas que contactou Ramón Piñeiro para tentar reorganizar o Partido Galeguista.[2] Dende 1944 foi delegado do Instituto Social da Mariña en Vigo. Recibiu a Encomenda de Número da Orde do Mérito civil en 1971.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 29-10-1977, p. 15.
  2. Javier Rivera (9 de novembro de 2013). "Que foi dos irmáns? (Carta inédita)". El Progreso. 
  3. El Pueblo Gallego, 3-4-1971, p. 11.