Sertãozinho Hóquei Clube

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sertãozinho HC»)
Sertãozinho HC
CidadeSertãozinho, São Paulo, Brasil
Historia1980
Fundado1980
Presidente Antonio Carlos Cavallaro
Adestrador Antonio Carlos Cavallaro
CompeticiónCampionato Brasileiro
Títulos
Campionato Suramericano3 (1982, 1985 e 1991)
Campionato Brasileiro18 (1985, 1986, 1987, 1989, 1990, 1991, 1992, 1995, 1996, 1999, 2001, 2003, 2004, 2005, 2006, 2007, 2008 e 2009)
Copa Intercontinental1 (1985)
Cores          Vermello e branco
Na rede
http://www.sertaozinhohc.com.br/hoquei/

O Sertãozinho Hóquei Clube é un club brasileiro de hóckey a patíns da cidade de Sertãozinho, no estado de São Paulo. Con 18 títulos de liga, é o equipo máis laureado do Brasil. As súas cores son vermello e branco.

Historia[editar | editar a fonte]

O Sertãozinho foi fundado o 5 de xaneiro de 1980, polo paulista Haroldo Pérsio Requena, ex xogador de hóckey do Palmeiras. Na tempada da súa fundación, Haroldo residía en Ribeirão Preto e era teclista e vocalista do grupo musical Memorial 5. Como non había clubs próximos a Ribeirão Preto que practicasen o hóckey, decidiu crear o seu propio club, o que conseguiu co apoio do alcalde de Sertãozinho da época, Waldir Alceu Trigo.

O primeiro partido disputado polo Sertãozinho xogouse o 8 de xaneiro de 1980, na vitoria por 10-2 sobre a Portuguesa de Desportos, nun partido válido para o Torneo de Sertãozinho.

No mesmo ano da súa fundación, o Sertãozinho coroouse campión paulista, ao derrotar o Internacional de Santos por 1-0. En 1982, conquistou o seu primeiro título do Campionato Suramericano, ao vencer o Estudantil da Arxentina por 3-2 na final disputada na cidade arxentina de San Juan de la Frontera.

En 1985, o Sertãozinho conquistou o maior título da súa historia, a Copa Intercontinental[1], ademais de conquistar o Campionato Brasileiro (vitoria na final sobre o Clube Português do Recife por 2-0, en Curitiba).

No 2001, a cidade de Sertãozinho foi sede do 25º Campionato Brasileiro. Xogando na casa, o Sertãozinho acadou o título no Ginásio Docão, logo de derrotar o Clube Português do Recife por 6-5 o 21 de xullo.

No 2007, o club acadou o inédito pentacampionato brasileiro, ao vencer ao Sport Club do Recife por 2-1.[2].

Títulos[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Récords[editar | editar a fonte]

  • Xogador con máis partidos: Victor Santos (451 partidos)
  • Máximo goleador: Victor Santos (1192 goles)
  • Máximo goleador nun partido: Victor Santos (35 goles)
  • Maior goleada a favor: Sertãozinho 51-0 São Paulo (Campionato Paulista 1983), na casa; 1 de decembro 1-29 Sertãozinho (Campionato Brasileiro 1981), fóra de casa
  • Maior goleada en contra: Sertãozinho 3-18 Selección Brasileira (amigable), na casa; UVT da Arxentina 11-2 Sertãozinho (Campionato Suramericano 2004), fóra de casa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hóquei: o esporte que projetou Sertãozinho para o Mundo". Prefeitura Municipal de Sertãozinho (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de xullo de 2010. 
  2. "Sertãozinho é penta". Jornal A Cidade (en portugués). [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]