Serres, Muros
| Serres | |
|---|---|
| Vista xeral. | |
| Concello: | Muros |
| Área: | - km² |
| Poboación: | (Ano 2004) 2.307 hab. |
| Densidade: | - hab./km² |
| Entidades de poboación: | 13 |
San Xoán de Serres é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Muros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.307 habitantes (1.193 mulleres e 1.114 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 2.494 habitantes.
Índice |
[editar] Patrimonio
[editar] Igrexa de San Xoán de Serres
A igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Cofraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. En 1892 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sacristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.
En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre escombros. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.
[editar] Santuario da Virxe do Carme
O santuario da Virxe do Carme, de estilo gótico, foi construído cara o século XV. Acolle unha imaxe da Virxe, atopada segundo a tradición nunha praia veciña.
A planta é rectangular, composta por unha soa nave dividida en catro tramos por tres arcos apuntados. No exterior ten grosos contrafortes e uns grandes canzorros de inspiración románica. A carón da fachada principal está anexo o edificio que correspondeu ao antigo Hospital de Lazarados, que tamén servía lugar de acollida para os peregrinos que dende Compostela se dirixían a Fisterra. O conxunto da obra foi declarado Monumento Nacional.
[editar] Muíño de marea do Pozo de Cachón
O muíño de marea do Pozo de Cachón foi construído no primeiro cuarto do século XIX. Logo de estar abandonado, en 1990 iniciouse a súa rehabilitación. Ten planta rectangular, cunha parte adicada a almacén onde a principios do século XX funcionaron os Baños de Santa María, unha balneario especializado na hidroterapia con auga mariña e baños temperados de algas.
É un dos maiores muíños do estado das súas características. Na actualidade funciona como centro cultural, albergando de xeito permanente paneis con explicacións sobre a súa construción e función. Tamén acolle exposicións temporais e diversas actividades culturais.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Serres, Muros.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Serres
| Lugares da parroquia de Serres no concello de Muros (provincia da Coruña) | |
|---|---|
|
A Acea | Anido | Avesada | Badernado | Boa Vista | Burleo | O Castelo | Portugalete | O Pozo do Cachón | A Retorta | A Rocha | Serres | Serres de Arriba | Valdexería |
[editar] Parroquias de Muros
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros | |
|---|---|
|
Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián) |