Serifos - Σέριφος
| Serifos - Σέριφος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Serifos |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 1.414 hab. |
| Superficie | 70 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 37°9′N 24°30′E / 37.150°N 24.500°E |
| Maior Altura | 585 m. |
| Localización | |
Serifos (grego Σέριφος, latín Seriphos ou Seriphus) é un illa grega do Mar Exeo, localizada nas Cícladas occidentais, ao sur de Quitnos e ao noroeste de Sifnos. A superficie é duns 70 km² e está a uns 170 km do Pireo.
Cando Acrisio foi advertido por un oráculo de que o seu neto mataríao, botou á súa filla (Dánae) e ao seu fillo Perseo á deriva ao mar nun cofre de madeira. Foi na illa de Serifos onde desembarcaron.
Historia[editar]
A illa foi colonizada polos xonios de Atenas e foi das poucas illas que rexeitou someterse a Xerxes I no 480 adC. Foi unha illa moi pouco importante e os romanos utilizárona como lugar de desterro.
A cidade moderna está na costa este, próxima á antiga e chegou a ter máis de 2.000 habitantes. Da cidade antiga quedan algúns restos.
Os mineiros, folga de 1916 En 1916 os mineiros fixeron folga e o estado grego a petición do propietario (a familia alemá Groman) envióu á garda nacional. Os soldados dispararon aos mineiros e mataron a catro, pero o resto e as súas mulleres atacaronos e mataron a todos e proclamaron a República soviética. Unhas semanas despois forzas militares gregas recuperaron o control, pero os mineiros obtiveron mellores condicións laborais e a xornada de 8 horas.
Comunidades[editar]
- Galani
- Kallitsos
- Koutalas
- Livadi Serifou
- Mega Chorio
- Mega Livadi
- Panagia
- Serifos