Serialismo integral
| Música do século XX |
| Ata a I Guerra Mundial |
| Periodo de entreguerras |
| Despois da II Guerra Mundial |
|
Serialismo integral |
O serialismo integral é unha corrente compositiva nacida no século XX e é a extensión do principio da serie dodecafónica de Schönberg a outros elementos musicais ademais da altura dos sons. O principio do serialismo integral é o pensamento de que se se podían serializar os doce sons da escala cromática, tamén se poderían serializar outros elementos como a duración, a intensidade, o timbre e a textura. A técnica denomínase serialismo integral para diferencialo do serialismo limitado de Schönberg, o dodecafonismo.
Índice |
Historia [editar]
A xeración máis nova dos compositores europeos xurdida trala II Guerra Mundial, rodeada de privacións materiais e dun gran illamento cultural, experimentou unha forte reacción contra a súa herdanza cultural, xa que para eles a tradición da música occidental parecía intrínsecamente vencellada aos fracasos políticos e sociais do pasado. Pensaban que se ía xurdir un mundo novo e mellor, tamén era necesario crear un novo tipo de música totalmente distinta a calquera outra que existira ata o momento. O neoclasicismo, a corrente dominante na música europea durante un cuarto de século, foi visto con certa sospeita e aversión pola meirande parte dos compositores máis novos, que o vían como unha tentativa de reconciliar as revolucións técnicas postonais e os fundamentos estéticos da época anterior, polo que era necesario levar a cabo unha ruptura total coas nocións musicais anteriores. Crian que os primeiros compositores do século XX fallaran á hora de levar a cabo unha revolución musical que conlevara unha era radicalmente nova, en palabras de Pierre Boulez:
Nun famoso e provocativo ensaio titulado Schönberg está morto, escrito en 1952 pouco despois da morte do compositor vienés, Boulez comeza alabando a figura do mestre austriaco por ter inventado o sistema dodecafónico, para logo criticalo por non telo desenvolvido en toda a súa extensión. Schönberg tratara as series como se foran un tema en lugar dunha configuración abstracta de intervalos, e as remprazara polo esquema formal clásico e preclásico en lugar de derivar as estruturas seriais das propias características da serie.
Segundo o punto de vista de Boulez, era necesario realizar un tratamento consciente de tódolos elementos da música, e non só dos melódicos, senón tamén dos rítmicos, dinámicos, texturais e formais, de acordo cuns procedementos estrictamente seriais e que non tiveran nada que ver con ningún presuposto musical anterior. Debussy e Webern xa mostraran o camiño ao tratar os sons musicais "obxectivamente", esto é, segundo os seus propios términos e non como elementos determinados por un conxunto de relacións preestablecidas. Boulez alabou a Webern dun xeito especial por ter conseguido dar comezo a un novo dominio musical:
Tamén o alemán Stockhausen alabou a Webern, véndoo como un dos precursores da nova música, acerca do cal escribiu:
A rixidez do serialismo integral pronto se relaxou.
Principios compositivos [editar]
Os principios compositivos do serialismo integral son unha ampliación do sistema dodecafónico de Schönberg, no que existía unha única serie con varias permutacións que afectaba únicamente á altura dos sons. Nesta "evolución" do sistema dodecafónico existen varias series que afectan a outros elementos da música como a intensidade, a duración, etc.
Unha composición totalmente serial podería, con facilidade, producir no oínte a impresión de aleatoriedade, xa que a música que se basea nestes principios carece de temas no sentido clásico de entes melódico-rítmico-harmónicos fácilmente perceptibles con ampliacións, derivacións e desenrolos recoñecibles dos mesmos. Con esto coexiste unha ausencia típica dun pulso rítmico distinto e a ausencia de todo sentido de progresión, de movemento cara puntos de culme.
Principais compositores [editar]
Olivier Messiaen
Pierre Boulez (alumno de Messiaen)
Karlheinz Stockhausen
Milton Babbitt
Ernst Krenek
Notas [editar]
Bibliografía [editar]
- DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: Historia de la música occidental (vol. 2), Editorial Alianza Música
- ROBERT P. MORGAN: La música del siglo XX, Editorial Akal