Sergei Esenin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sergei Yesenin")

Sergei Alexandrovich Esenin (en ruso Серге́й Алекса́ндрович Есе́нин), nado en Konstantinovo (Riazan) o 3 de outubro de 1895 e finado en Leningrado o 27 de decembro de 1925, foi un poeta ruso, expoñente do imaxinismo ruso e un dos máis populares e coñecidos do século XX a pesar de morrer novo, suicidándose aos 30 anos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Yesenin e Isadora Duncan (1922)

Esenin procedía dunha familia de labregos de disidentes relixiosos (vellos crentes) e foron os seus avós maternos os que o educaron. En 1912 mudouse a Moscova traballando como corrector de probas nunha imprenta, ao ano seguinte matriculouse na Universidade Estatal de Moscova como estudante externo e alí estudou durante ano e medio; a poesía desa época baséase no folcloreruso. En 1915 estaba en San Petersburgo, onde fixo amizade cos poetas Alexander Blok, Sergei Gorodetski, Nikolai Kliuev e Andrei Beli e comezou a se facer coñecido nos círculos literarios, especialmente Blok axudou a promover a carreira de Esenin como poeta.

Carreira[editar | editar a fonte]

En 1916 Esenin publicou o seu primeiro libro de poemas,Radunitsa. Os seus poemas sobre o amor e a vida simple convertérono nun dos poetas máis populares da época, presentándose a si mesmo como un simple campesiño que clamaba pola volta á vida das aldeas e contra os perigos da industrialización[1]. A finais dese ano 1916 volveu a San Petersburbo, con Klyuev. Durante un breve tempo apoiou a Revolución Rusa o que queda ben reflectido na súa obra Inonia, pero ao pouco desilusionouse, criticando aos bolxeviques. En setembro de 1918, Esenin fundou a súa propia editorial. En outono de 1921, mentres visitaba o estudo do pintor Georgi Yakulov, coñeceu a Isadora Duncan, a pesar de ela non saber ruso e el descoñecer calquera outra lingua casaron o 2 de maio de 1922, acompañando á que era unha auténtica celebridade mundial na época na súa xira por Europa e os Estados Unidos, pero o seu alcoholismo fixo que perdera o control numerosas veces, o que recibiu moita publicidade na prensa internacional da época. Para maio de 1923, o matrimonio rematara e el estaba de volta en Moscova.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

Os dous últimos anos da vida de Esenin estiveron marcados pola bebida e a conduta errática, mais tamén creou algúns dos seus máis famosos poemas como Moskva kabatskaya. Pouco antes de morrer sufriu unha crise nerviosa que o tivo hospitalizado durante un mes, dous días despois de deixar o centro sanitario, cortou o pulso e co seu propio sangue escribiu un poema, e xa ao día seguinte colgouse no cuarto que ocupaba no Hotel Angleterre.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Victor Terras Handbook of Russian Literature:Yale University Press (1990), páx. 131

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sergei Esenin

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]