Sergei Aksakov
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sergei Aksakov, nado en Ufa en 1791 e finado en 1859, foi un escritor ruso.
Traxectoria [editar]
Pequeno propietario rural conservador, traballou como funcionario como tradutor e censor de prensa. Conseguiu fama por Crónica de familia (1856), baseada na historia da súa propia familia, na que describe nun estilo naturalista, con grande influencia de Gogol, a vida de dúas xeracións de colonos na Asia rusa dende os tempos de Catarina a Grande.
En Anos de infancia (1856) describe a súa propia infancia como neto dun rico colono siberiano.