Serge Reggiani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serge Reggiani
Data nacemento2 de maio de 1922
Nado enReggio Emilia, Italia Italia
Falecemento23 de xullo de 2004 (82 anos)
Boulogne-Billancourt, Francia
 Boulogne-Billancourt
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCemiterio de Montparnasse
CónxuxeNoëlle Adam, Janine Darcey e Annie Noël
FillosStéphan Reggiani e Simon Reggiani
OcupaciónCantante, actor, escritor
Xénerovariété, Chanson française
Instrumento(s)Voz (música), guitarra, piano, harmonica.
Tipo de vozBarítono
Relacionado conJanine Darcey, Annie Noël, Noëlle Adam, Stephan Reggiani
Tempo en activo1938 - 1998 (actor)
1964 - 2004 (cantante)
Na rede
http://serge-reggiani.com/
IMDB: nm0716577 Allocine: 1925 Allmovie: p107833
Musicbrainz: 9153b056-330e-4368-ae78-a30df88417f8 Songkick: 410745 Discogs: 341157 Allmusic: mn0000108549 WikiTree: Reggiani-1 Find a Grave: 9176629 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sergio Reggiani, nado o 2 de maio de 1922 en Reggio Emilia (Italia)[1] e finado o 23 de xullo de 2004 en Boulogne-Billancourt[2], foi un actor cantante francés de orixe italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado nunha modesta e antifascista familia italiana, mudouse xunto coa súa familia a Yvetot en Normandía. Ao principio seguiu os pasos do seu pai como axudante de peiteador, pero logo comezou a tomar clases de teatro e tamén realizou o seu primeiro papel na obra Britannicus, do dramaturgo francés Racine.

Foi facéndose un nome no teatro e no cine en obras como Le Carrefour des enfants perdus ou Casque d'or, que lle permitiron coñecer á súa primeira muller Simone Signoret, coa que tivo dous fillos, Stéphan e Carine. Divorciouse dela en 1955. Entre 1958 e 1963 tivo tres fillos coa súa segunda muller Annie Noël: Célia, Simon e Maria.

En 1966 a cantante Barbara, seducida polo seu disco de cancións de Boris Vian propúxolle facer a primeira parte da súa xira. Barbara axudoulle a traballar a súa voz e isto permitiulle traballar con outros compositores como Jacques Datin, Pierre Tisserand, Serge Bourgois, Albert Vidalie, Georges Moustaki, Jean-Loup Dabadie ou Serge Gainsbourg. Cara finais dos 70 publicou un álbum cos seus fillos Stéphan e Carine.

En 1990 publicou a súa biografía titulada La question se pose.

En 2002, ao cumprir 80 anos, numerosas personalidades rendéronlle homenaxe co disco titulado Autour de Serge Reggiani. Recibiu ao ano seguinte un Victoire d'honneur, así como a gravata de comendador da Ordre national du Mérite outorgada polo presidente Jacques Chirac.

Morreu o 23 de xullo de 2004 na súa casa dun ataque cardíaco. Esta enterrado no Cemiterio de Montparnasse en París.

Actividade profesional[editar | editar a fonte]

Interpretación[editar | editar a fonte]

No teatro[editar | editar a fonte]

No cine[editar | editar a fonte]

Na television[editar | editar a fonte]

Na canción[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Extrait de naissance n° 896I/1922
  2. Extrait de décès n°624/2004