Septo intermuscular medial do brazo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Septo intermuscular medial do brazo
Gray413 color.png
Sección axial superior do brazo
Latín s. intermusculare brachii mediale
Arteria arteria umeral fonda
Nervio(s) nervio radial

O septo intermuscular medial do brazo é un septo intermuscular do brazo, máis delgado que o lateral. Esténdese dende o troquino umeral ata o epicóndilo medial. Está unido ao músculo redondo maior, ao tendón do músculo coraco-braquial, por diante ao tríceps braquial e por detrás ao músculo braquial anterior.

Está furado polo nervio cubital, pola arteria cubital colateral superior e a póla posterior da arteria cubital colateral inferior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.