Sepp Maier
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Josef 'Sepp' Maier, nado o en Metten o 28 de febreiro de 1944, é un ex futbolista alemán. Xogaba de porteiro.
Traxectoria [editar]
Toda a súa carreira transcorreu no Bayern Munich. Con este club gañou a Bundesliga catro veces e a Copa de Europa tres veces consecutivas. Aínda mantén unha marca, a de xogar 422 seguidos, entre os anos 1966 a 1977. Foi nomeado Xogador Alemán do Ano tres veces.
Coa Selección de fútbol de Alemaña conseguiu o título de campión mundial en Alemaña e a Eurocopa 1976.
Retirouse en 1979 tras sufrir un accidente de coche. Despois diso estivo a adestrar ós gardametas do Bayern Munich e máis tarde da selección xermana.
Clubs [editar]
| Club | País | Ano |
|---|---|---|
| FC Bayern München | 1962−1979 |