Seoane do Courel, Folgoso do Courel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Seoane.
Seoane do Courel
Concello: Folgoso do Courel
Área: 31,26 km²
Poboación: (Ano 2007) 250 hab.
Densidade: 7,99 hab./km²
Entidades de poboación: 9

San Xoán de Seoane do Courel é unha parroquia do concello de Folgoso do Courel, na provincia de Lugo. Seoane do Courel foi ata a Guerra Civil a capital do concello.

Linda ó norte con Meiraos, Folgoso do Courel e Seara polo sur, Esperante e Visuña polo este e San Xoán de Lóuzara e Seceda polo oeste.

Índice

[editar] Demografía

É a parroquia máis poboada do concello. Contaba no ano 2007 con 250 habitantes agrupados nas entidades de Ferrería Vella, Mercurín, Moreda, Parada, Piñeira e Seoane, sendo a súa densidade media por entidade para o mesmo ano de 11'9 hab/km².

[editar] Historia

Antigamente, Seoane era a capital do concello, pero só mantivo ese rango ata a Guerra Civil. A capitalidade foille conferida no ano 1834, xunto ó tratamento de vila, ata que lle foi retirada en favor de Folgoso por razóns aínda descoñecidas. Non obstante, segue a manter o carácter de capital municipal, concentrando un bo número de servizos, que se reflicte na feira que se celebra o segundo e o cuarto domingo de cada mes.

[editar] Construcións

  • Casa do Escribano, que foi a antiga sede do concello e posúe un curioso reloxo de sol.
  • Igrexa de San Xoán, situada no alto da vila.
  • Ferrería de Seoane, movida pola auga do río Lor.

[editar] Festas

As festas celébranse na honra a San Xoán os dias 24 e 25 de xuño.

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Seoane do Courel=

Lugares da parroquia de Seoane do Courel no concello de Folgoso do Courel (Lugo)

Cima de Vila | Ferrería Vella | Fondo de Vila | Mercurín | Moreda | Parada | Piñeira | Seoane do Courel | Vales

[editar] =Parroquias de Folgoso do Courel

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Folgoso do Courel

Esperante (San Pedro) | Folgoso do Courel (Santa María) | Hórreos (San Pedro) | Meiraos (Santa María) | Noceda (San Pedro) | Seceda (San Silvestre) | Seoane do Courel (San Xoán) | Vilamor (San Vicente) | Visuña (Santa Eufemia)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas