Sen to Chihiro no kamikakushi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A viaxe de Chihiro
Título orixinal Sen to Chihiro no kamikakushi
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Hayao Miyazaki
Produtor Toshio Suzuki
Guión Hayao Miyazaki
Baseado en
Intérpretes Rumi Hiiragi
Miyu Irino
Mari Natsuki
Música Jō Hisaishi
Fotografía Atsushi Okui
Montaxe Takeshi Seyama
Estudio Studio Ghibli
Distribuidor Toho (Xapón)
Walt Disney Pictures (USA)
Ano 2001
Duración 125 minutos
País Flag of Japan.svg Xapón
Xénero Animación, aventuras
Orzamento $ 19.000.000
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Sen to Chihiro no kamikakushi (en xaponés 千と千尋の神隠し) é un filme de animación xaponés escrito e dirixido por Hayao Miyazaki no 2001 e producido por Studio Ghibli. O filme conta a historia de Chihiro Ogino, unha cativa de dez anos que está a mudar de fogar cos seus pais, e que accidentalmente quedan presos nun misterioso mundo de espíritos e deuses.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Chihiro é unha nena de aproximadamente dez anos, perturbada polo cambio de residencia que está obrigada a facer cos seus pais. Cando estes, chamados Akio e Jou, din que teñen que cambiar de casa, Chihiro non pode ocultar agochar os seus sentimentos negativos. No camiño para a súa nova casa, a familia vai no coche por unha estrada abandonada e de súpeto atópanse cunha rúa sen saída. Alí descobren un enorme edificio vermello cun túnel escuro que semella unha boca xigantesca. O túnel leva a unha cidade pantasma onde hai un fantástico banquete.

Akio e Jou non dubidan en probalos alimentos dicíndolle á súa filla que aínda que non hai ninguén para atendelos teñen cartos abondo para pagar. Chihiro mira ós seus pais sen unirse a eles, e eles engulindo prato tras prato ata que sen decatarse, son transformados en porcos. Sen querer entraron nun mundo habitado por deuses antigos e seres máxicos, gobernado pola, malvada Yubaba, unha meiga que rexenta un casa de baños para milleiros de deuses e espíritos. Yubaba dille a Chihiro que os seus pais foron transformados en animais por comportarse coma eles, e a súa intención é matalos para servir de alimento, este é o castigo por comer un banquete que estaba reservado para os deuses.

Afortunadamente, Chihiro atopa un amigo na forma do enigmático Haku. Haku vive na casa de baño con Yubaba. El é un neno (aparentemente) que a axuda a sobrevivir no mundo espiritual, por razóns que son revelados ó final do filme.

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]