Semmy Schilt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sem-schilt.jpg

Semmy Schilt, tamén coñecido como Sem Schilt, nado en Rotterdam o 27 de outubro de 1973, é un loitador profesional neerlandés de K-1 e MMA. Practica o Daido Juku karate, e foi tres veces consecutivas campión do Mundo do Gran Premio de K-1.

Biografía[editar | editar a fonte]

Participou por vez primeira no Grand Prix de K-1 na edición de 2005. O 19 de novembro, no primeiro combate, gañou a Ray Sefo por decisión. Nas semifinais loitou co anterior campión, o seu compatriota Remy Bonjasky, ao que venceu por knockout no primeiro asalto. Na final tamén gañou a Glaube Feitosa por knockout no primeiro asalto.

Revalidou o título nas edicións de 2006 e 2007, nas dúas ocasións disputando a final ante Peter Aerts.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]