Semilla para el Cambio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Semilla para el Cambio
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Semilla para el Cambio é unha ONG de eido nacional con sede na Coruña, fundada en 2009 por María Bodelón Maceiras.

Orixe[editar | editar a fonte]

Semilla para el Cambio fundouna no ano 2009 María Bodelón Maceiras quen, tras completar os seus estudos de Cooperación en Inglaterra, decidiu realizar unha viaxe en solitario pola India na que puido constatar a exclusión social e explotación infantil que sofren diariamente centos de nenos e nenas para colaborar co sustento familiar. Algúns meses despois fundou Semilla para el Cambio. Foi inscrita no Registro Nacional de Asociaciones do Ministerio do Interior, Grupo I Sección I co número 593450, e como ONGD no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación ao Desenvolvemento co número 000205, Sección A

Eido de actuación[editar | editar a fonte]

O país no que actualmente Semilla para el Cambio desenvolve o seu labor de cooperación é a India. A organización centra a súa actuación na cidade de Varanasi ou Benarés, situada á beira do río Ganxes no estado de Uttar Pradesh.

Proxectos[editar | editar a fonte]

O programa de actuación encádrase nun modelo de desenvolvemento sostible e integral e actúa nos sectores de educación, nutrición e sanidade. Desenvolve o seu labor a través de contrapartes locais, que apoian economicamente proxectos que a comunidade procura para o seu desenvolvemento.

O obxectivo do seu programa educativo é promover a inclusión social e brindar a posibilidade dun futuro digno aos nenos e nenas máis desfavorecidos a través dunha educación integral e de calidade. Foméntase a escolarización prematura para potenciar o seu desenvolvemento e evitar o traballo infantil.

Os proxectos educativos desenvólvense nos distritos de Dashashwamedh e Sigra para un total de 80 beneficiarios. Ambos os proxectos lévanse a cabo en colaboración con escolas locais, Learning Point en Dashashwamedh e RS Montessory en Sigra, que imparten as súas clases tanto en hindi coma en inglés.

Semilla para el Cambio custea os gastos de escolarización e material escolar e asemade ofrece clases de apoio e actividades lúdico-formativas na súa sede. O programa educativo vese complementado por un programa sanitario e nutricional co obxectivo de reducir a incidencia de enfermidades previsibles e asegurarlles aos nenos e nenas un crecemento equilibrado.

Xestión[editar | editar a fonte]

Semilla para el Cambio é unha entidade nova na que todos os seus membros, traballan de xeito desinteresado.

Para garantir a continuidade e sostibilidade dos seus programas só remunera os postos de traballo cubertos por persoal local.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]