Sem Benelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSem Benelli

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de agosto de 1877 Editar o valor em Wikidata
Prato, Italia Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Zoagli, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Deputado do Reino de Italia
24 de maio de 1924 – 21 de xaneiro de 1929
Deputado do Reino de Italia
1 de decembro de 1919 – 7 de abril de 1921
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia (1946–1949)
Reino de Italia (1877–1946) Editar o valor em Wikidata
EducaciónConvitto Nazionale Cicognini (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , libretista , escritor , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Italiano (pt) Traducir
Partido Nacional Fascista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

IMDB: nm0070881 IBDB: 8628
Last fm: Sem+Benelli Musicbrainz: f3a77df5-b1f7-4e48-931b-c696c9e0a33d IMSLP: Category:Benelli,_Sem Allmusic: mn0002238466 Editar o valor em Wikidata

Sem Benelli, nado en Prato o 10 de agosto de 1877 e finado en Zoagli o 18 de decembro de 1949, foi un dramaturgo e libretista italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Benelli naceu nunha familia de humildes artesáns, tivo que interromper os seus estudos pola morte de seu pai. De forma autodidacta comezou a dedicarse á literatura. En 1908 escribiu a súa primeira comedia, Tìgnola, o éxito chegoulle axiña, o 16 de abril do ano seguinte estreou no Teatro Argentina de Roma o drama La cena delle beffe. Os críticos acolleron o traballo de Benelli con beneplácito pola súa creba dos esquemas clásicos da época, centrado no ardor e a crueza do verismo ou na ars declamatoria do estilo de Gabriele d'Annunzio e a obra representouse numerosas veces tanto en Italia como no estranxeiro.

O castelo de Sem Benelli en Zoagli.

Benelli seguiu a escribir nos anos sucesivos obras teatrais de impronta histórica, que contaron co favor do público, L'amore dei tre re (1910 que converteu en libreto dunha opereta de Italo Montemezzi en 1913), Il mantellaccio e Rosmunda (escritas en 1911); La Gorgona (1913) e Le nozze dei centauri (publicado en 1915).

En 1913 compuxo un poema sinfónico en honor de Giuseppe Verdi musicado por Francesco Cilea. En 1914 fixo construír en Zoagli un castelo, aínda denominado "Il castello di Sem Benelli", na súa estrutura e arquitectura amósase a personalidade do dramaturgo, materiais heroxéneos nun conxunto maxestoso e compacto suavizado con liñas curvas, sobre un fondo natural único. En 1921 foi elixido deputado, mais despois do asasinato de Giacomo Matteotti (1924) entrou en conflito co réxime fascista e en 1925 asinou o Manifesto dos intelectuais antifascitas redactado por Benedetto Croce e en 1933 o Ministerio de Cultura Popular prohibiu a todas as compañías representar as súas obras. Con todo esa norma non impediu, debido á súa fama nacional e internacional, que puidera seguir a estrear obras, destacan desta última época, menos orixinal ca súa primeira época, as comedias Adamo ed Eva (1933), Madre Regina e Eroi (1934) e Caterina Sforza (1938). En 1933 escribiu o libreto da opereta L'incantesimo de Italo Montemezzi que non se representou ata 1943.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Antonini, Sandro (2008). Sem Benelli. Vita di un poeta dai trionfi internazionali alla persecuzione fascista. De Ferrari.