Sellbytel Group

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Sellbytel Group é un grupo de empresas creado en 1998 polo alemán Michael Raum. É unha empresa global de servizos para vendas en distintos sectores, dende o informático á moda. Ten máis de 4.500 empregados en máis de 25 lugares de traballo.

En Alemaña, onde está a súa sede central, a empresa ten oficinas en Nuremberg, Fürth, Erfurt, Böblingen, Düsseldorf, Munich e Berlín. Fóra de Alemaña ten oficinas en Lión, Grenoble, Ayr, Barcelona, Lisboa, Madrid, Praga, Varsovia, Túnez, Moscova, Bratislava, Xohanesburgo, Bangalore, Londres, Valencia e Singapur.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]