Selección de rugby de Suráfrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of South Africa.svg
Suráfrica
Campión do Mundo
Actual campión do Seis NaciónsCampión do Seis Nacións
Campión do Tri Nations
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Unión South Africa Rugby Union
Fundación: 1992 (1889)
Emblema: O Antílope
Alcume: Springboks (Boks)
Springbokke (Bokke)
Amabokoboko
Estadio: Carece dun estadio principal
Adestrador: Heyneke Meyer
Capitán: Juan de Villiers
Estrea internacional
Lions 600px Lions like.png 4:0 Flag of Transvaal.svg Suráfrica
30 de xullo de 1891
Maior vitoria
Suráfrica Flag of South Africa.svg 134:3 Flag of Japan.svg Xapón
11 de xuño de 2005
Maior derrota
Inglaterra Flag of England.svg 53:3 Flag of South Africa.svg Suráfrica
23 de novembro de 2002
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 4 (primeira en 1995)
Mellor resultado 1 (1995, 2007)
Tri Nations
Participacións 13
Mellor resultado 1 (2 veces)

A Selección de rugby de Suráfrica (popularmente coñecida coma os Springboks, Springbokke en afrikaans e Amabokoboko en zulú) representa a Suráfrica en rugby. Son os actuais posuidores da Copa do Mundo de Rugby tras gañala en Francia 2007 e actualmente ocupan o segundo posto no ranking mundial da IRB[1]. Ademais de xogar a Copa do Mundo xoga outras competicións internacionais coma o Tres Nacións e numerosos amigábeis.

Aínda que Suráfrica foi parte na creación do Mundial de Rugby, os Springboks non competiron nas dúas primeiras edicións de 1987 e 1991 debido á loita contra o apartheid deportivo en Suráfrica. O equipo capitaneado por Francois Pienaar fixo o seu debut nesta competición en 1995, ano no que a nova Suráfrica democrática acolleu o torneo, o cal gañou tras vencer aos All Blacks na final do torneo, no que se lembra coma un dos mellores momentos da historia do deporte surafricano, xusto nunha época de consolidación nacional tralo apartheid. Suráfrica revalidou o título de campión en 2007, tras gañar a Inglaterra 15 a 6. Coma resultado do torneo os Springbokke acadaron a primeira praza no ranking mundial por primeira vez.

Os Springboks xogan con camisola verde e dourada, e os seus emblemas son o Springbok (o Antílope) e Protea (planta floral típica do sur de África). Suráfrica leva xogando ao rugby dende 1891, cando un combinado das Illas Británicas fixo unha xira polo país, xogando os Boks o seu primeiro partido o 30 de xullo. O actual adestrador do equipo é Peter de Villiers, despois de que Jake White, que levou ao equipo ao título mundial de 2007, anunciara a súa dimisión do cargo a finais dese ano. O capitán é John Smit, o cal xogou durante toda a súa carreira coma talonador, mais dende os partidos de fin de ano de 2008 xoga coma pilier dereito.

O apartheid[editar | editar a fonte]

Incluso antes de que as leis do apartheid fosen promulgadas en Suráfrica os Springoboks foran sempre un equipo formado por xogadores de cor branca. O equipo converterase nun símbolo de división racial neste Estado, mais despois das primeiras eleccións abertas de 1994, o partido gobernante Congreso Nacional Africano (ANC) instituiu a política de cambio no deporte surafricano. Neste contexto, a transformación pode definirse como "unha completa alternancia da aparencia ou carácter do rugby sudafricáno", converténdose oas Springboks nun equipo máis representativo de toda Suráfrica.

Na Copa do Mundo de 1995 gañado por Suráfrica só participou un xogador non branco, Chester Williams. Isto continuou durante as grandes citas da selección nos mundiais de 1999 e 2003. Noa final do mundial de 2007 participaron dous xogadores non brancos. A pesar de que existe un sistema de cotas para fomentar a participación de xogadores non brancos na Super 14 (liga de rugby do país) e aos equipos de ámbito provincial hai por agora moitos máis xogadores brancos de rugby en Suráfrica, a transformación está sendo lenta en palabras do presidente da SARU Oregan Hoskins. Porén, a presión política sobre os adestradores e administradores para seleccionar a xogadores non brancos, dezaseis dos trinta e cinco novos Sprinboks seleccionados polo ex-adestrador John White eran non brancos. O ministro do Parlamento Butana Komphela expresou a opinión de moitos políticos do país cando dixo: "O deporte non pode ser excluido dos imperativos da potenciación e a transformación"[2].

Os símbolos[editar | editar a fonte]

Equipamento[editar | editar a fonte]

Bob Skinstad coa camisola verde

Suráfrica xoga con camisola verde, pantalóns brancos e medias verdes. O seu xersei leva bordado o emblema da SA Rugby (Federación Sudafricana de Rugby) na esquina superior dereita e na manga tradicionalmente adoita levar un colar dourado. O equipamento está elaborado por Canterbury of New Zealand e o seu patrocinador na camisola é a compañía química Sasol. A camisola verde foi utilizada por primeira vez cando o equipo das Illas Británicas fixeron a súa xira sudafricana en 1896[3]. Na primeira xira dos Boks polo Reino Unido e Irlanda entre 1906 e 1907 os surafricanos levaron un xersei verde con cores brancas e pantalóns e medias azuis. Unha réplica desta vestimenta foi utilizada en 2006 contra Irlanda en Dublín para conmemorar o centenario da xira[4].

Springboks[editar | editar a fonte]

Un springbok

O alcume de springbok e o logotipo datan da xira de 1906 e 1907 pola Gran Bretaña. A gacela (springbok, un tipo de antílope) foi elixido para representar ao equipo polo capitán da selección neses intres, Paul Ross, nunha tentativa de evitar que a prensa británica se inventase o seu propio nome. O emblema non estaba só restrinxido para o equipo de xogadores de cor branca, o primeiro equipo nacional de cores usouno en 1939 e o primeiro equipo de cor negra en 1950[3]. Despois da caida do apartheid en 1992 engadiuse ao logo a flor da protea. Cando o ANC foi electo en 1994 o nome do equipo non foi cambiado a Proteas como noutros deportes debido exclusivamente á intervención do Presidente Nelson Mandela[5].

En decembro de 2008, a SARU decidiu colocar a protea no lado esquerdo da camisola dos Boks, ao igual que outros equipos nacionais surafricanos, e mover o springbok cara o lado dereito[6]. A nova camisola será estreada na xira dos Brithish and Irish Lions de Suráfrica en 2009[7].

Estadios representativos dos Springboks[editar | editar a fonte]

Mapa de Suráfrica
Véxase tamén: Ellis Park.

Os Springboks non teñen un estadio único para os seus partidos na casa, xogando arredor de toda Suráfrica. O estadio Ellis Park, con capacidade para 60.000 espectadores, en Xohanesburgo foi o principal durante o mundial de 1995 en Suráfrica, lugar onde os Boks derrotaron aos All Blacks na final. Outros estadios habituais son o Loftus Versfeld Stadium de Pretoria, o Newlands Stadium en Cidade do Cabo, o ABSA Stadium en Durban, o Vodacom Park en Bloemfontein ou o EPRFU Stadium en Porto Elizabeth.

O primeiro partido internacional de Suráfrica foi no St George's Park Cricket Ground de Porto Elizabeth en 1891. O Ellis Park foi construído en 1928, acollendo en 1955 unha marca de 100.000 espectadores nun partido amigábel entre Suráfrica e os Britsh Lions.

Dise dos Boks que teñen unha notábel vantaxe sobre outras localizacións fora da casa cando xogan a unha grande altitude na montañosa rexión do Highveld. Nos partidos no Ellis Park, Loftus Versfeld ou no Vodacom Park dise que se presentan problemas físicos, influíndo ademais nun gran número de outros factores coma a traxectoria do balón ao patealo. Os expertos discrepan sobre se é real o desafío físico ou só se debe a un estado psicolóxico.

Rexistros[editar | editar a fonte]

Copa do Mundo de Rugby[editar | editar a fonte]

Participacións de Nova Zelandia na Copa do Mundo.

Edición Organizador Posto
1987 Flag of New Zealand.svg Nova Zelandia e Flag of Australia.svg Australia Non participou
1991 Flag of England.svg Inglaterra[8] Non participou
1995 Flag of South Africa.svg Suráfrica Campión
1999 Flag of Wales.svg País de Gales[9] Terceiro
2003 Flag of Australia.svg Australia 1/4 Finalista
2007 Flag of France.svg Francia[10] Campión

Tres Nacións[editar | editar a fonte]

  Flag of Australia.svg
Australia
Flag of New Zealand.svg
Nova Zelandia
Flag of South Africa.svg
Sudáfrica
Torneos 13 13 13
Vitorias 2 9 2
Partidos xogados 56 56 56
Gañados 23 39 21
Empatados 1 0 1
Perdidos 34 17 32

Rexistros de xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos coa selección[editar | editar a fonte]

Percy Montgomery

A seguinte listaxe recolle os rexistros máis notábeis de partidos xogados coa selección sudafricana[11]. A lista inclúe xogadores dos últimos 25 anos, é preciso sinalar que unha clasificación por número de selección non depende só da calidade do xogador senón só do número de partido disputados internacionalmente. Co nacemento da copa do mundo en 1987 a periodicidade dos partidos variou de xeito destacábel. En negra xogadores que seguen en activo na selección de Suráfrica.

  1. John Smit - 111
  2. Victor Matfield - 110
  3. Percy Montgomery - 102
  4. Joost van der Westhuizen - 89
  5. Juan de Villiers - 85
  6. Bryan Habana - 83
  7. Os du Randt - 80
  8. Mark Andrews - 77

Máis ensaios[editar | editar a fonte]

Brian Habana

Joost van der Westhuizen é o xogador que conseguiu máis ensaios coa selección de Suráfrica[12], o xogador, hoxe retirado, ocupa o onceavo posto na clasificación de número ensaios da historia coas súas seleccións nacionais (empatado con francés Serge Blanco). Porén, cómpre destacar a Bryan Habana, que pese a súa xuventude (xogador nacido en 1983) xa ocupa o segundo posto histórico dos Springboks e o dezaoitoavo mundial.

  1. Bryan Habana - 48
  2. Joost van der Westhuizen - 38
  3. Breyton Paulse - 26
  4. Percy Montgomery - 25
  5. Jaque Fourie - 24
  6. Pieter Rossouw - 21

Puntos[editar | editar a fonte]

A marca de puntos marcados posúea Percy Montgomery con 893 puntos[13]. Este xogador, xa retirado, ocupa o setimo posto na lista histórica internacional de puntos coa súa selección.

  1. Percy Montgomery - 893
  2. Morné Steyn - 503
  3. Naas Botha - 312
  4. Joel Stransky - 240
  5. Braam van Straaten - 221
  6. Joost van der Westhuizen - 190
  7. Jannie de Beer - 181

Notas[editar | editar a fonte]