Selandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Selandia - Sjælland")
Selandia
Vista da illa
Illa de Selandia (dan.: Sjælland) entre os estreitos dinamarqueses, outras illas danesas, e Suecia
Datos
Capital Copenhaguenn - København
País Dinamarca
Localización Mar do Norte
Arquipélago
Linguas
Poboación (2009) 2.147.281 hab.
Superficie 7.031´02 km²
Densidade
Coordenadas 55°30′N 11°45′E / 55.500°N 11.750°E / 55.500; 11.750
Maior Altura 122´9 m. Kobanke
Localización
Localización  da illa
Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Celandia

Selandia[Cómpre referencia] (Sjælland en dinamarqués) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km². Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste).

Posúe un relevo chan, accidentado por outeiros morrénicos e costas recortadas. A capital de Dinamarca, Copenhaguen, está parcialmente situada na costa este de Selandia e parcialmente na illa de Amager (parte do Øresund). Outras cidades na illa son Roskilde e Elsinor.

O nome orixínase nas grandes poboacións de focas (en danés sæl) nas costas da illa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]