Seychelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Seixeles»)
Modelo:Xeografía políticaSeychelles
République des Seychelles (fr) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoKoste Seselwa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Finis Coronat Opus»
«The End Crowns the Work» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aJean Moreau de Séchelles Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 7°06′00″S 52°46′00″L / -7.1, 52.76667Coordenadas: 7°06′00″S 52°46′00″L / -7.1, 52.76667
CapitalVictoria Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Anse Boileau (pt) Traducir
Anse Etoile (pt) Traducir
Anse Royale (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación95.843 (2017) Editar o valor em Wikidata (208,81 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
lingua inglesa
Crioulo das Seychelles Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie459 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMorne Seychellois (905 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoOcéano Índico (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación29 de xuño de 1976 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente das Seychelles Editar o valor em WikidataWavel Ramkalawan Editar o valor em Wikidata
• Presidente das Seychelles Editar o valor em WikidataWavel Ramkalawan (2020–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional das Seychelles (pt) Traducir , (Escano: 31) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal1.286.687.873 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedarupia das Seicheles (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.sc Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+248 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 133, 151 (en) Traducir e 999 Editar o valor em Wikidata
Código de paísSC Editar o valor em Wikidata

Sitio webegov.sc Editar o valor em Wikidata

A República das Seychelles,[1][2] (en francés: Republique des Seychelles, en crioulo: La Repiblik Sesel), ás veces escrito en galego como Seixeles[3], (Escoitari/sˈʃɛlz/, /-ˈʃɛl, ˈsʃɛl(z)/, Francés: [sɛʃɛl][4][5][6] our [seʃɛl][7] é un país arquipeláxico formado de 115 illas situadas no océano Índico, ao nordés de Madagascar, cunha superficie total de 455 km². A súa capital é Victoria, a única cidade do arquipélago, situada na illa Mahé, habitada por un terzo da poboación. Pertence á Commonwealth. Os países e territorios insulares próximos inclúen as Comores, Madagascar, Mauricio e a rexións de ultramar francesa de Mayotte e Reunión ao sur e Maldivas e o Arquipélago de Chagos (administrado polo Reino Unido como Territorio Británico do Océano Índico) ao leste. É o país africano soberano menos poboado, cunha poboación estimada en 2022 de 99.331 habitantes.

As Seychelles estaban deshabitadas antes de ser atopadas polos europeos no século XVI. Afrontou intereses franceses e británicos en competencia ata que pasou baixo o control total británico a finais do século XVIII.

Posúe o único aeroporto e porto internacional do país, que recibe voos desde os aeroportos internacionais máis importantes do mundo, xa que a principal fonte de divisas do país é o turismo.

Unha das atraccións principais de Victoria é o Xardín Botánico onde poden observarse as tartarugas xigantes que só se atopan nestas illas e nas illas Galápagos.

A etnia predominante é a seychellois de raíces africanas e francesas, pero tamén hai minorías chinesas e indias. A maioría da poboación profesa o catolicismo, un 8% da poboación son anglicanos e hai un 2% de diversas relixións.

Seychelles é o que se coñece como un paraíso tropical. As illas conservan a súa beleza natural, con fermosas praias e un mar con excelentes condicións para os amantes do mergullo. Ten clima tropical con temperaturas que, anualmente, oscilan entre os 25 e 30 °C, con meses moi chuviosos de novembro a maio cando son alcanzadas polos ventos monzónicos.

O 26 de decembro do 2004, as illas foron afectadas polo tsunami causado por un terremoto submarino con epicentro en proximidades de Indonesia. O tsunami cobrou máis de 300.000 vítimas en diversas zonas do océano Índico. No caso das Seychelles, os danos estimados chegaron aos 30 millóns de dólares, aínda que non sufriron perdas humanas xa que a poboación foi alertada sobre o desastre.

A cultura e a sociedade das Seychelles son unha mestura ecléctica de influencias francesas, británicas e africanas, con infusións máis recentes de elementos chineses e indios. O país é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Comunidade de Desenvolvemento do Sur de África e da Comunidade de Nacións.

Historia[editar | editar a fonte]

As Seychelles nunca foron habitadas por pobo indíxena, pero os seus insulares manteñen a súa propia herdanza criolla.

As illas estaban deshabitadas cando comezaron a chegar comerciantes árabes. Os primeiros europeos en visitalas foron os portugueses en 1505. Ao estar na ruta cara a Asia, foron ocasionalmente ocupadas por piratas ata que Francia tomou posesión do territorio en 1756, recibindo o seu nome actual en honra do entón ministro de finanzas francés Jean Moreau de Séchelles.

O Reino Unido controlou as illas entre 1794 e 1811, sendo ocupadas definitivamente polos ingleses en 1814 logo das Guerras Napoleónicas. Convertéronse en colonia separada de Mauricio en 1903 e a independencia foi concedida en 1976 dentro da Commonwealth. O 5 de xuño de 1977 o avogado France-Albert René, quen era o primeiro ministro, tomou o poder e convértese en presidente, cargo no que se mantén ata o 14 de abril de 2004. A Constitución de 1979 fixo do país unha república socialista de partido único ata 1992. O sucesor de René é o actual presidente James Alix Michel, quen foi reelixido o 31 de xullo de 2006.

Goberno e política[editar | editar a fonte]

O presidente de Seychelles, quen é tanto o xefe de Estado como a cabeza do goberno, é elixido por votación popular por un período de 5 anos de oficio. A cámara de parlamento de Seychelles e a Asemblea Nacional consiste de 34 membros dos cales 25 son elixidos por votación popular, mentres que os 9 postos restantes son nomeados proporcionalmente de acordo á porcentaxe de votos recibidos por cada partido. Os mandatos de todos os membros teñen unha duración de 5 anos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Seychelles divídese en 25 distritos:

O famoso reloxo do centro de Victoria, capital de Seychelles

Xeografía[editar | editar a fonte]

As Seychelles son un arquipélago no océano Índico. Está composto por unhas 115 illas tropicais, de orígen granítico e coralino. Delas, só 33 están habitadas. As chamadas Illas Interiores son o núcleo do país. As restantes illas son atois coralinos máis pequenos, moitos deles deshabitados. A illa de maior tamaño é Mahé.

A capital do país é a cidade de Victoria, situada en Mahé, nela vive cerca do 80% da poboación total. O punto máis alto das Seychelles é o Morne Seychellois que ten unha altura de 905 m.

O clima local é tropical, amornado e bastante húmido por influencias mariñas.

As illas, tal e como sinala a constitución do país, agrúpanse do seguinte modo:

Mapa das Seychelles.
  • 42 Illas graniticas: Mahé, Praslin, Silhouette, La Digue, Curieuse, Félicité, Frégate, St. Anne, North, Cerf, Marianne, Grand Sœur, Thérèse, Aride, Conception, Petite Sœur, Cousin, Cousine, Long, Récif, Round (Praslin), Anonyme, Mamelles, Moyenne, Ile aux Vaches Marines, L'Islette, Beacon (Ile Sèche), Cachée, Cocos, Round (Mahé), L'Ilot Frégate, Booby, Chauve Souris (Mahé),Chauve Souris (Praslin), Ile La Fouche, Hodoul, L'Ilot, Rat, Souris, St. Pierre (Praslin), Zavé, Harrison Rocks (Grand Rocher).
  • 4 illas mixtas, area, coral e granito: Denis, Bird, Coëtivy, Platte.
  • 29 illas de coral do Grupo Illas do Almirante: Desroches, Atol Poivre —comprende 3 illas: Poivre, Florentin e South Island—, Alphonse, D'Arros, Atol St. Joseph —comprende 14 illas: St. Joseph Ile aux Fouquets, Ressource, Petit Carcassaye, Grand Carcassaye, Benjamin, Bancs Ferrari, Chiens, Pélicans, Vars, Ile Paul, Banc de Sable, Banc aux Cocos e Ile aux Poules—, Marie Louise, Desnoeufs, African Banks —comprende 2 illas: African Banks e South Island—, Rémire, St. François, Boudeuse, Etoile, Bijoutier.
  • 13 illas de coral no Grupo de Farquhar: Atol Farquhar —comprende 10 illas: Bancs de Sable Déposés Ile aux Goëlettes Lapins Ile du Milieu North Manaha South Manaha Middle Manaha North Island e South Island—, Atol Providence (comprende dúas illas: Providence e Bancs Providence) e St Pierre.
  • 67 illas de coral no Grupo de Aldabra: Atol de Aldabra —comprende 46 illas: Grande Terre, Picard, Polymnie, Malabar, Ile Michel, Ile Esprit, Ile aux Moustiques, Ilot Parc, Ilot Emile, Ilot Yangue, Ilot Magnan, Ile Lanier, Champignon des Os, Euphrate, Grand Mentor, Grand Ilot, Gros Ilot Gionnet, Gros Ilot Sésame, Heron Rock, Hide Island, Ile aux Aigrettes, Ile aux Cèdres, Iles Chalands, Ile Fangame, Ile Héron, Ile Michel, Ile Squacco, Ile Sylvestre, Ile Verte, Ilot Déder, Ilot du Sud, Ilot du Milieu, Ilot du Nord, Ilot Dubois, Ilot Macoa, Ilot Marquoix, Ilots Niçois, Ilot Salade, Middle Row Island, Noddy Rock, North Row Island, Petit Mentor, Petit Mentor Endans, Petits Ilots, Pink Rock e Table Ronde—, Assumption, Astove e Atol de Cosmoledo (comprende 19 illas: Menai, Ile du Nord (West North), Ile Nord-Est (East North), Ile du Trou, Goëlettes, Grand Polyte, Petit Polyte, Grand Ile (Wizard), Pagode, Ile du Sud-Ouest (South), Ile aux Moustiques, Ile Baleine, Ile aux Chauve-Souris, Ile aux Macaques, Ile aux Rats, Ile du Nord-Ouest, Ile Observation, Ile Sud-Est e Ilot la Croix—.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

O arquipélago das Seychelles divídese en dúas ecorreixóns:

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía das Seychelles.

Desde que se proclamou a independencia do Reino Unido en 1976, pasou dunha sociedade maioritariamente agrícola a unha economía diversificada baseada no mercado, caracterizada polos servizos en rápido crecemento, sector público e actividades de turismo. De 1976 a 2015, o PIB nominal creceu case un 700% e a paridade de poder adquisitivo case un 1600%. Desde finais da década de 2010, o goberno tomou medidas para fomentar o investimento estranxeiro.

Hoxe, Seychelles posúe o PIB per cápita nominal máis alto de calquera nación de África. Ten o segundo índice de desenvolvemento humano máis alto de calquera país africano despois de Mauricio. Actualmente é o único país africano clasificado como economía de altos ingresos polo Banco Mundial.[8] Antes, era un dos dous países africanos clasificados como unha economía de ingresos altos polo Banco Mundial (a outra era Mauricio).

Demografía[editar | editar a fonte]

O porto de Victoria.

Como as illas das Seychelles non tiveron poboación indíxena, os actuais seixelenses están compostos de inmigrantes, no seu maior parte de ascendencia francesa, africana, india e chinesa. O francés e o inglés son os idiomas oficiais xunto cun idioma crioulo baseado no francés. A maioría dos seixelenses son cristiáns, na súa maior parte católicos.

Notas[editar | editar a fonte]

Referencias
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rupia.
  2. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  4. "Seychelles - English translation in German - Langenscheidt dictionary French-German" (en inglés, alemán, e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  5. "Traduction : Seychelles - Dictionnaire français-anglais Larousse" (en inglés e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  6. "Seychelles | French » English | PONS" (en inglés e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  7. "English Translation of "Seychelles" | Collins French-English Dictionary" (en inglés e francés). Consultado o 29 de decembro de 2018. 
  8. "World Bank Country and Lending Groups – World Bank Data Help Desk". datahelpdesk.worldbank.org. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Goberno

Relixión

Xeral