Segundo Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Segundo Manuel Durán Casais»)
Infotaula de personaSegundo Durán
Biografía
Nacemento29 de maio de 1934 Editar o valor em Wikidata
Rianxo, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de outubro de 1993 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Abalo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Pobra do Caramiñal
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Segundo Manuel Durán Casais, nado en Rianxo o 29 de maio de 1934 e finado en Abalo (Catoira) o 16 de outubro de 1993, foi un empresario e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo mudouse á Pobra do Caramiñal, onde comezou a traballar como bedel nunha sociedade recreativa. Posteriormente montou unha empresa de transporte de mercadoría e finalmente unha gasolineira. En 1972 accedeu á alcaldía da Pobra designado polo gobernador civil de Coruña.[1] Permaneceu na alcaldía ata 1977. Coa chegada da democracia integrouse na UCD, formación coa que foi elixido alcalde por maioría absoluta en 1979,[2] sendo elixido deputado na Deputación da Coruña.[3] En 1983 revalidou o mandato con maioría absoluta, desta volta encabezando como independente a candidatura de Alianza Popular[4], volvendo a ser elixido deputado provincial. En 1987 revalidou novamente a alcaldía por maioría absoluta, desta volta encabezando a Coalición Progresista Galega. En 1989 pasou a formar parte do PPdeG e obtivo o posto deputado tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989, coa chegada de Manuel Fraga á Xunta de Galicia. Desta forma, tivo que renunciar como alcalde dada a incompatibilidade co cargo de deputado autonómico, polo que en xaneiro de 1990 foi substituído polo seu compañeiro Álvaro Viéitez Dávila. Mentres seguía de deputado, en 1991 volveu presentarse como candidato á alcaldía polo PPdeG, pero nesta ocasión perdeu as eleccións fronte ó PSdeG. Ao pouco dimitiu como concelleiro, pero continuou como deputado no Parlamento galego ata o seu falecemento.

Entre os feitos da súa alcaldía destaca que durante ela se a Xunta de Galicia construíu o instituto de bacharelato e mais o peirao comercial. Houbo unha polémica sobre o topónimo do concello. Durán, que se opuña á forma Pobra, e prefería a castelá Puebla, convocou un referendo no concello o 26 de novembro de 1984, onde se lle preguntou os veciños e veciñas polo nome que desexaban. A forma Puebla gañou esmagadoramente (máis dun 90 por cento dos votos), pero non conseguiu mudar a lei. Anos despois, incautou os exemplares da revista da asociación local A Miserela porque escribían a forma legal do topónimo: denunciado por esta acción, foi inhabilitado para o exercicio de cargos públicos polo Tribunal Supremo en outubro de 1993, só uns días antes da súa morte.


Predecesor:
Atilano Lamas de Andrés
 
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
19721977
Sucesor:
Eliseo Escuris Batalla
Predecesor:
Eliseo Escuris Batalla
 
Alcalde da Pobra do Caramiñal
 
19791990
Sucesor:
Álvaro Viéitez Davila

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Guillán Vilasó e foi pai de Juan Carlos, María José, Segundo, Manuel, Dolores e Oscar Durán Guillán. Faleceu en accidente de tráfico.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 26-3-1972, p. 11.
  2. La Voz de Galicia, 20-4-1979, p. 39.
  3. La Voz de Galicia, 15-5-1979, p. 43.
  4. La Voz de Galicia, 10-5-1983, p. 45.
  5. Segundo Durán ya descansa en paz, 'La Voz de Galicia, 13/9/2008.
  6. Segundo Durán Casais perece vítima de un accidente de tráfico, La Voz de Galicia, 17/10/1993.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]