Segunda batalla do cabo Fisterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda batalla do cabo Fisterra

Acoirazado francés "Intrépide" loitando contra varios buques británicos, por Pierre-Julien Gilbert.
Data: 25 de outubro de 1747
Lugar: Cabo Fisterra
Conflito: Parte da Guerra de Sucesión Austríaca
Resultado: Decisiva vitoria británica[1][2]
Combatentes
Reino Unido Reino Unido Reino de Francia
Comandantes
Contralmirante Sir Edward Hawke Almirante Desherbiers de l'Etenduère
Forzas en combate
14 barcos de liña 8 barcos de liña
252 mercantes e outros
Efectos
Mortes: 154 mortos
558 feridos[3]
Mortes:
Feridos: Feridos: 6 barcos de liña capturados
800 mortos e feridos,
4.000 capturados
7 buques do convoi capturados[3]

A Segunda batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 25 de outubro de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Esta batalla aconteceu apenas 5 meses despois da chamada primeira batalla do cabo Fisterra, na que a frota británica detivo e eliminou un convoi francés de mercadorías que ía escoltado por varios buques de guerra.

Nesta ocasión Francia decidiu mandar un novo convoi de barcos mercantes aínda maior, escoltado por 8 buques de liña comandados polo almirante Desherbiers de l'Etenduère. A frota británica encargada de interceptar o convoi estaba composta por 14 buques de liña, e estaba comandada polo vicealmirante Edward Hawke.

Contexto[editar | editar a fonte]

Norteamérica tiña unha importancia secundaria na Guerra de Sucesión, consistente principalmente en subministrar de materias primas ós bandos británico e francés. A Royal Navy xa detivera o comercio transatlántico de Francia no pasado, en particular na primeira batalla do cabo Fisterra. Francia fixo unha segunda tentativa para reabrir as rutas en outubro de 1747 reunindo 252 navíos mercantes no porto de La Rochelle, que viaxarían escoltados por 8 buques de guerra saídos do porto bretón de Brest.

Edward Hawke.

Cando os británicos souberon deste convoi, mandaron a unha frota de 14 buques de guerra dende Plymouth para interceptalos. Peter Warren, quen xa participara no enfrontamento duns meses atrás no cabo Fisterra, agora estaba enfermo de escorbuto, e foi substituído por un Edward Hawke aínda novo.

Batalla[editar | editar a fonte]

Hawke pensaba que se ía enfrontar cunha gran frota militar francesa, de xeito que decidiu atacar colocando os seus buques en liña, para non ser envoltos polo rival. Os franceses responderon coa mesma estratexia, polo cal os británicos comprenderon a situación, e tomaron a mesma decisión que tomara George Anson uns poucos meses atrás. Os buques de Hawke compensaron a súa inferioridade numérica concentrando o seu lume sobre un só barco francés á vez para ser mais destrutivos, mentres que os franceses tomaron a decisión de seguir combatendo o maior tempo posible mentres que os navíos mercantes tiñan tempo de fuxir cara a inmensidade do océano Atlántico.

A frota francesa dispúxose a manter un combate de longa distancia coa súa artillaría pesada, pero Hawke fixo o sinal para que se desfixese a liña británica, e que cada navío comezase unha persecución liberado das restricións dunha batalla formal. A liña francesa foi atravesada polos navíos británicos, que capturaron seis dos buques rivais.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

O almirante francés conseguiu fuxir de volta a Francia, e os navíos mercantes tamén, en dirección a América, pero o bando francés perdeu a 4.000 homes. O convoi continuou até o mar Caribe escoltado tan só por dous dos buques de liña franceses, sendo interceptados a maioría dos barcos mercantes en augas das Indias Occidentais.

A derrota nesta batalla convenceu ó goberno francés da súa inferioridade militar no mar, e xa non fixo mais intentos de mandar convois de mercadorías con América dende os seus portos bloqueados. Como consecuencia, moitas das colonias francesas comezaron a sufrir a fame, o cal levou ó goberno francés a aceptar unha negociación de paz mesmo a pesar das súas vitorias nos Países Baixos. O rei Lois XV aceptou devolver Holanda a cambio da normalidade nas colonias. Estas derrotas en augas do cabo Fisterra tiveron un impacto tamén durante a Guerra dos Sete Anos, entre 1756 e 1763, durante a cal o rei francés desistiu do intento de enviar convois de mercadorías cara ás súas colonias.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Black, Jeremy (1999). Britain as a Military Power, 1688-1815: 1688 - 1815. Routledge. pp. 97–100. ISBN 978-1-85728-772-1. 
  2. Tucker, Spencer (2009). A Global Chronology of Conflict: From the Ancient World to the Modern Middle East. ABC-CLIO Ltd;. p. 754. ISBN 978-1851096671. 
  3. 3,0 3,1 Allen, Joseph (1852). Battles of the British navy, Volume 1. Henry G. Bohn. p. 165. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]