Seguíanlle chamando Trindade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Seguíanlle chamando Trindade
Título orixinal ...continuavano a chiamarlo Trinità
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director E.B. Clucher
Produtor Joseph E. Levine, Ezio Palaggi, Roberto Palaggi, Italo Zingarelli
Guión E.B. Clucher
Baseado en {{{baseado}}}
Intérpretes Terence Hill, Bud Spencer, Yanti Sommer, Enzo Tarascio, Harry Carey Jr., Pupo de Luca, Jessica Dublin, Dana Ghia, Emilio Delle Piane, Enzo Fiermonte, Tony Norton, Franco Ressel, Riccardo Pizzuti, Benito Stefanelli, Fortunato Arena
Música Guido De Angelis, Maurizio De Angelis
Fotografía Aldo Giordani
Montaxe Antonio Siciliano
Estudio {{{estudio}}}
Distribuidor
Ano 21 de outubro de 1971
Duración 113 minutos
País Italia Italia
Xénero comedia, spaghetti western
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior Chamábanlle Trindade
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Seguíanlle chamando Trindade é unha película italiana de 1971 dirixida por E.B. Clucher. É a secuela da exitosa comedia spaghetti western de 1970 Chamábanlle Trindade.

Foi gañadora en 1973 do galardón "Golden Screen", do Feltival alemán do mesmo nome.

A súa duración orixinal é de 113 minutos, pero na versión de DVD recortáronse algunhas tomas, quedando en 107.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Logo de se reencontraren na casa familiar, "Trinità" e o seu irmán "Bambino" deciden comezar a súa serie de fechorías, na que un ensinaría ó outro os trucos nos que é especialista, co atraco a unha carreta. Pero a pobreza dos seus propietarios lévaos a seguir adiante, chegando a unha vila onde os toman por axentes federais. Logo de seren corrompidos por un foraxido local, dan cunha misión relixiosa, onde ten lugar unha gran pelexa.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]