Segmentación de texto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En lingüística estrutural, a segmentación de texto é un procedemento consistente en dividir un enunciado en unidades discretas que representan, cada unha delas, un morfema. Cada morfema pode ser, a continuación, segmentado nas súas unidades constituíntes, os fonemas.

Para segmentar hai que ir identificando as unidades discretas mediante a operación de conmutación. Para isto é preciso ter clasificadaas as unidades conforme ás relacións paradigmáticas que establecen entre si.

Por exemplo, tendo os enunciados A mesa é grande, A mesa é pequena, As mesas son pequenas, As mesas son grandes etc., pódese illar a unidade discreta mesa pola súa aparición en contextos idénticos (a -- é) e diferentes (as -- son).