Secundino Torres Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSecundino Torres Vázquez
Biografía
Nacemento1930 Editar o valor em Wikidata
Xiadás, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de abril de 2016 Editar o valor em Wikidata (85/86 anos)
Boqueixón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Secundino Torres Vázquez, nado en Xiadás (Boqueixón) en 1930 e finado no mesmo concello o 21 de abril de 2016,[1] foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de 1979 foi elixido concelleiro e tenente de alcalde en Boqueixón pola candidatura independente encabezada por Luis Bragaña Neira. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a Candidatura dos Independentes de Boqueixón e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 foi o cabeza de lista da Coalición Progresista Galega e resultou reelixido alcalde con maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados provinciais á moción de censura promovida polos socialistas na Deputación da Coruña en xuño de 1989. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura da CNG perdendo a alcaldía en favor do PPdeG, o cal logrou a maioría absoluta con Adolfo Gacio Vázquez (que fora o seu número 2 os 8 anos anteriores) como candidato.


Predecesor:
Luis Bragaña Neira
 
Alcalde de Boqueixón
 
1983 - 1991
Sucesor:
Adolfo Gacio Vázquez

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, Santiago, 22-4-2016, p. 6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]