Secundino García Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSecundino García Casal
Biografía
Nacemento1965 Editar o valor em Wikidata (58/59 anos)
San Sadurniño, Galiza Galiza
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo San Sadurniño Editar o valor em Wikidata
OcupaciónPolítico
Partido políticoBloque Nacionalista Galego
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: secundinogarcia Twitter: SecundinoGarcia Instagram: secundinosansa Editar o valor em Wikidata

Secundino García Casal, nado en San Sadurniño en 1965, é un político galego do BNG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballador da industria madeireira local (Intasa). Encabezou a candidatura do BNG en San Sadurniño dende as eleccións municipais de 1991. Na primeira ocasión non acadou representación, pero posteriormente acadaría 1 concelleiro en 1995, 2 en 1999 (sendo a segunda forza) e 3 en 2003. Nas municipais de 2007 logrou 5 concelleiros e empatou co PPdeG, logrando que este perdese a maioría absoluta que ostentaba dende 1995, polo foi elixido alcalde logo de que acadase un pacto de gobernabilidade co único concelleiro electo do PSdeG-PSOE. En 2011 revalidou de novo a alcaldía, desta vez con maioría absoluta. Os mesmos resultados -BNG 7 concelleiros/as, PP 3 e PSdeG-PSOE 1- repetiríanse nos comicios de 2015, co que Secundino García volveu encabezar a formación de goberno en San Sadurniño. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía con maioría absoluta[1], en novembro dese mesmo ano ocupa unha das vicepresidencias da FEGAMP.

En 2023 foi reelixido alcalde por quinta vez consecutiva.[2]


Predecesor:
Constantino Bedoya Vázquez
 
Alcalde de San Sadurniño
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concello de San Sadurniño na FEGAMP
  2. "Secundino García, reelixido alcalde por quinta vez consecutiva". Concello de San Sadurniño. 2023-06-17. Consultado o 2023-07-19. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]