Secretario de Estado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un Secretario de Estado é a denominación que, nalgúns países, ten o xefe de cada un dos departamentos nos que se divide a Administración pública do Goberno. Tamén pode corresponderse co cargo dun ministro.

En España, durante os séculos XV-XVII, o cargo correspondía ao actual presidente do Goberno. Nos Estados Unidos, o cargo, corresponde co de Ministro de Asuntos Exteriores. Na Igrexa Católica, o Secretario de Estado preside, baixo o Papa, a Curia Romana, con funcións similares ás dun primeiro ministro e xefe da diplomacia.